Kinocube Profile picture
Bitácora de reflexión sobre cinema.

Jul 17, 2021, 8 tweets

Para preparar o próximo episodio estivemos vendo Double Indemnity (1944) de Billy Wilder. #Cinema negro, negrísimo.
Imos tentar convencervos de que lle botedes un ollo. Aí van as nosas razóns:
👇

- Porque Billy Wilder tamén lle dá con xeito ó thriller e ó drama.

- Pola atmósfera opresiva e escura ambientada na soleada California.

- Porque se pode facer film noir sen gángsters e coa cousa máis aburrida (en principio) do mundo: as pólizas de seguros

- Polo xeito que ten Walter Neff de acender mistos

- Polo homiño no estómago de Keyes ("Enorme" Edward G. Robinson. Pun intended)

- Pola raíña das femme fatale: Phillys (Barbara Stanwyck)

- Por eses filmes que en realidade son flashbacks de dúas horas

- Polo momento no que pensas "relación tóxica?" e vas e acertas.

- Por esas pelis que son flashbacks de unha hora

- Pola atención ó detalle

O dito. Unha desas pelis que che ten pegado á butaca cos ollos abertos todo o tempo. Recomendación da semana en #Kinocube!
#filmnoir #BillyWilder

Share this Scrolly Tale with your friends.

A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.

Keep scrolling