Kinocube Profile picture
Bitácora de reflexión sobre cinema.

Jul 22, 2021, 6 tweets

En #Kinocube cremos que a #animación non lle ten nada que envexar ó #cinema de acción real. De cando en cando xorden obras mestras como as de @CartoonSaloon. Se non tivéchedes ocasión de velas, dádelles unha oportunidade. A animación 2D aínda ten moito que dicir! 👇👇

The Secret of Kells ( @tommmoore , 2007) é unha marabilla visual e narrativamente. O relato conta a historia do Libro de Kells enmarcado na cultura e na mitoloxía irlandesa.

A liberdade creativa que emana este estudo fai que cobren vida as miniaturas mediavais nun estilo único de animación en dúas dimensións.

A seguinte aposta fílmica de Cartoon Saloon foi Song of the Sea (Tomm More, 2014), outra pequena marabilla que evoca o salitre e o son das ondas do mar. Unha historia de perda e descubrimento arredor da figura mitolóxica do #Selkie.

A máis recente (agardamos que non sexa a derradeira!) é Wolfwakers (Tomm Moore e @RossStewartArt, 2020), unha historia de amizade, de amor e aceptación na Irlanda colonizada por Cromwell.

Non deixedes de velas se vos gusta a animación de calidade, e apoiade sempre que poidades a estudos como @CartoonSaloon!

Share this Scrolly Tale with your friends.

A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.

Keep scrolling