É hora da #Recomendación da semana! Seguide o fío para descubrir un filme marabilloso 👇👇👇
En #Kinocube encántanos o #western, pero non eses filmes predecibles que enfrontan a cowboys e indios, senón eses que nos mostran o mellor e o peor do ser humano. E o mestre John Ford non ten a exclusiva na materia...! Falemos de The Ox-Bow Incident (William A. Wellman, 1942)
Por que recomendamos The Ox-Bow Incident?
- Porque non fai falta alargarse 3h para facer un filme extraordinario. Este dura 75min!
- Polo ton desesperanzador que emerxe de cada plano; pola omnipresenza da soga como elemento ameazador, representando o ollo por ollo.
- Polo reparto, que inevitablemente remite á obra mestra de John Ford The grapes of Wrath (1940) cun dignísimo Henry Fonda...
- E unha Jane Darwell sorprendente, no extremo contrario ó seu rol na película mencionada.
- Pola dinámica xenial que se traen estes dous...!
- E falando de reparto, mención especial a Dana Andrews e a súa capacidade para espertar en nós a compaixón... (non tanto no resto das personaxes do filme😅)
- ...e tamén para Anthony Quinn nunha das personaxes máis misteriosas e intrigantes da súa carreira. Que xa é dicir!
- Pola trama do fillo do Major Tetley, adiantada ó seu tempo ó mostrarnos un personaxe #queercoded (é dicir, escrito para apelar a un sector da audiencia e revelar unha orientación sexual non normativa mentres esquiva a censura da época) dunha maneira positiva.
Máis que positiva! Gerard Tetley é contraposto á figura autoritaria e masculina do seu pai, o Major Tetley. Mentres que o fillo é doce, "afeminado" para a época, pero tamén xusto e empático, seu pai é un déspota cruel. Gerard leva a razón: o filme ponnos do seu lado.
- Polo alegato final, que non estaba presente na novela na que se basou o filme. Sorprende escoitar estas palabras nun filme dos anos 40, provinte dun país no que hoxe en día aínda se aplica a pena de morte...
En definitiva, un #western que merece a pena, no que os máis heroicos son "os débiles", os vellos, os racializados, os queer, pero por riba de todo, os xustos.
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.