Hoxe imos a facer un fío coa lenda que os veciños de maior idade do Couto aínda recordan en boca dos seus avós, coa que lles explicaban as orixes do Couto Mixto. #Fío #CoutoMixto #Memoria #Lenda 👇🏻
Hai centos e centos de anos no Val do Salas había catro aldeas, Santiago, Rubiás, Meaus e Pena. As catro aldeas vivían en paz, da agricultura e da gando. A fartura era pouca e os trafegos moitos. Os veciños vivían alleos das loitas e dos conflictos dos señores e da nobreza...👇🏻
Un día, coma calquera outro as mulleres de Santiago que volvían de traballar, viron chegar polo camiño que baixa da Serra da Pena a unha mulleriña preñada, mollada e chea de frío, branca como a neve e a piques de desfalecer. Prestas correron a socorrela...👇🏻
Levarona para unha casa e preguntaronlle quen era. Polo xeito de falar probto descubriron que a mulleriña viña do sur. Esta contoulle que era unha "princesa" portuguesa, que viña do sur e que fuxía dunha horda de "mouros" que a perseguían para darlle morte...👇🏻
As mulleres santiaguesas asustaronse fondamente e logo de asistila, acordaron protexela dos mal feitores. Tramaron un plan dacordo cos seus maridos, polo cal a "princesa" sería ocultada nas aldeas do Val do Salas ata que poidara dar a luz ou ser socorrida polos seus pais.
Non tardaron en presentarse nas terras do Salas os persecutores "mouros", presionando aos veciños de Meaus, Pena, Santiago e Rubiás para que desvelaran onde se atopaba a pobriña mociña. Causaron gran mal nas catro aldeas, incendiando os palleiros e saqueando as igrexas...👇🏻
Os mouros sabedores do estado da mociña refuxiada, sabían que non se podía agochar moi lonxe e instalaronse nas terras do Couto, presionando aos veciños para que a delataran. Os veciños durante as horas da noite nos que os persecutores durmían trasladaban a princesa de aldea...👇🏻
Así a nobre moza, ía pasando de fogar en fogar e de aldea en aldea, sen logar ser descuberta polos belixerantes perseguidores. Finalmente remataron por se aburrir e regresaron cara o sur 👇🏻...
Finalmente a xoven princesa poido dar a luz ao seu meniño que naceu nas terras do Couto, a lenta cóntanos que este rapaz foi o fundador de Celanova e que poido ter sido San Rosendo.
Cando os camiños volveron a ser seguros a rapaza poido volver a Portugal a casa de seus pais...👇🏻
Cando a rapaza chegou a palacio, fixo coñecedor a seu pai, un poderoso señor portugués, da solidariedade e a humanidade dos mixtos, así co poder que tiña recoñeceulle aos mixtos o dereito a non pagar impostos nin aos reis das Españas, nin ao rei Portugués...👇🏻
O dereito a vivir libremente, de todo canto cultivasen na terra, a comerciar co que producisen sen pagar gravames nin pago ningún, o dereito a impartir xustiza nas catro aldeas por si mesmos e a escoller aos seus gobernantes. Así viviron os veciños do Couto, en Liberdade 👇🏻...
A liberdade do Couto mantívose durante séculos, elixíanse democraticamente ao xuíz presidente que detentaba poderes xudiciais e executivos, tamén aos "homes de acordo" que exercían de alcaldes en cada unha das vilas e aos catro representantes de cada aldea para o parlamento...👇🏻
Os mixtos non aportaban vidas de homes para os exercitos portugueses e españois, e vivían conforme as súas tradicióna e leis propias que ae gardaban na arca das tres chaves. Unha por cada aldea. A aldea de Pena que en orixe fixo parte do Couto...👇🏻
foi destruida durante a Guerra contra o francés a comezos do século XIX. Calamitoso acontecemento, dolorosamente padecido polos veciños do Couto que viron incendiadas as súas igrexas e palleiros e con eles a documentación histórica gardada na arca das tres chaves.
Esta lenda é amplamente coñecida entre os mixtos, e foi recuperada grazas a memoria dos veciños mais maiores, aos que lle temos fonda gratitude por non esquecer. Por que existir é recordar. GRAZAS
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.