Os Ceos Galegos Profile picture
Divulgación fotográfica, astronómica, científica, cultural. Fotos comentadas na web. Finanzamos cun calendario fermoso e grande: 15 imaxes. Concursos anuais.

Nov 30, 2021, 16 tweets

A Morte, estrelas, galaxias, Perseo, un barco no horizonte, un paraíso Starlight, contaminación luminosa, o mar de ardora...

Ah, e un faro sendo testemuña de todo.

Lembranzas de @pedrofeijoo!

Acompáñasnos nesta viaxe?

C/c: @ConcelloCangas
ceosgalegos.com/2021/11/30/asi…

As imaxes de #CeosGalegos22 sempre teñen moito máis no seu interior do que se ve a simple vista.

No mes de xaneiro vai esta no que reloce en primeiro plano o faro de cabo de Home. Ergueito, chega aos 18 metros de altura.

Pero hai moito máis. Sempre.

@RutaFaros @caminodosfaros

Unha poesía de @EstibalizEs e un texto de @JorgeMiraUSC.

Pero... HAI MOITO MÁIS. Sempre hai moito máis.

Porque non cabía todo.

Ves ese refulxir da auga do mar na costa da Vela?

Chámase mar de ardora. Este verán creou un gran espectáculo polas noites. Neste caso, quizais sexa causada por unha microalga denominada Noctiluca scintillans. O seu nome é realmente moi comercial, xa o di todo, é @Lilestak?

No horizonte destaca outra luz. Neste caso é un barco que se perde no horizonte.

Tomade esa terraplanistas!!

Pero, á súa dereita, albiscamos unha mancha escura. Misterio abraiante: un anaco de terra sen farolas.

Que sorte de milagre é esa?

Pois a illa de Ons, que por algo pertence ao parque nacional das illas atlánticas.
@ConcellodeBueu
@MardeOns

Despois xa unha algueirada.

A costa norte da ría de Pontevedra coa sucesión de vilas turísticas como Portonovo, @concello_sxx dándolle as costas a un recurso turístico e cultural como a observación da noite escura.

Por que non lle dades unha voltiña @turismosanxenxo ?

Máis preto do faro, as luces de Donón parecen competir co mar de Ardora. Afortunadamente, gaña o segundo. Curioso, sabedes por que? Vai despois. Aquí preto, no monte Facho atopouse restos dun santuario na honra de Berobreo, deus da morte. (Foto: wiki)
@patrimoniogal @apatrigal

O conto?

Parece que Donón procede do deus celta Donn. E Donn é o deus do escuro.

O DEUS DO ESCURO; veña a meterlle na noite esas luces de colorinchos. Haberá que animar aos veciños a facer unha romaría na honra de Donn... apagando as luces.

Anotade aí a idea @ConcelloCangas

E, no ceo? Pois unha chea de cousas, que para estamos aquí.

Á esquerda do faro destaca o Setestrelo/Carro Maior.

Ollade! A "foto" do @xamanmefredo é tan boa que se distinguen Alcor e Mizar xuntiñas, no medio do mango ou cola do carro.

Aí eses arqueiros (conto para outro día).

Por suposto, a Vía Láctea, tentando saír pola dereita do faro e por riba da #ContaminaciónLuminosa

Menos mal que o de chamala Camiño de Santiago e seguila para chegar a Compostela é un conto... medieval. Eh @magago?

@CalidadedoCeo

Máis á dereita o mundo de Perseo, Casiopea, Pegaso (fóra da imaxe) e a galaxia de Andrómeda. Si, unha galaxia. Queredes ollala?

Pois está xusto por riba das "moléculas" da poesía de @EstibalizEs

Se nos despistamos pasámoslle por riba a millóns e millóns de estrelas.

E por todo isto (e moito máis, sempre hai moito máis), esta imaxe foi escollida para a edición deste ano de #CeosGalegos22. Con outras 14.

Que é ? Un calendario editado anualmente para manter o noso proxecto de divulgación científica.
ceosgalegos.com/produto/ceosga…

E que podedes mercar tamén en 70 librarías de todo o país (@VilaferCangas e @LibreriaMiranda por non saír do #Morrazo.

Se vos gustou o conto, sobra dicilo pero: rechiade o primeiro chío e comentade ou pregunta. Sempre está ben saber que hai alguén á outra beira ☺️

Xeografía, patrimonio, bioloxía, mitoloxía, lendas, reivindicación... e astronomía. Temas que aparecen nunha soa imaxe de #CeosGalegos22. E as que faltan: outras 14 imaxes por comentar.

Aínda non tes o teu?
70 librarías galegas, 1 en Madrid e "en liña" ceosgalegos.com/produto/ceosga…

Share this Scrolly Tale with your friends.

A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.

Keep scrolling