Sabíades que hai un ano que comezou #Kinocube? E que se cumpren xusto #25episodios para o próximo martes? 😱
E se imos quentando motores?
👉Imos dedicar uns chíos a aquelas #películas que aparecen unha e outra vez como exemplo na vosa bitácora de cinema de referencia! 📽️
📽️M (F. W. Murnau, 1931)
Saíu a colación cando falamos de #sombras, de como filmar a #ausencia... e seguramente saia algunha vez máis, porque esta primeira obra sonora do expresionista Murnau contén verdadeiras leccións de como facer cinema. Negra e durísima.
⭐️⭐️⭐️⭐️⭐️
TW❗️
Este filme fala de abuso, asasinato, violencia contra menores e outras cousas; iso si, nunca de maneira gráfica.
📽️The Night of the Hunter (Charles Laughton, 1955)
O único #filme que dirixiu este sonado actor é un fermoso conto de fadas cun terrorífico vilán que persegue a dúas crianzas a través da noite, da #sombra e da #auga.
Nunha soa palabra: máxico.
⭐️⭐️⭐️⭐️⭐️
📽️The General (Buster Keaton, 1926)
Unha obra épica e cómica a partes iguais, un traballo inigualable de produción, actuación (sobre todo de stunts) e dirección de Keaton. A proba de que o cinema mudo NON É ABURRIDO.
⭐️⭐️⭐️⭐️⭐️
É unha mágoa que esta grande superprodución (a maior da época) arruinara a carreira de Keaton, xunto coa chegada do cinema sonoro. 🥲 Querémoste, Buster! ❤️🩹
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.
