Eidrien Profile picture
Canto, actuo y pinto, escribo poemas y estudié francés. He nacido artista, lo sé, pero no reina del pop.

Jun 23, 2022, 16 tweets

[Fío] Tras poder botar un ollo ó proxecto definitivo de humanización do paseo marítimo entre o Dique de abrigo e o Cemiterio de San Amaro na #Coruña, teño unha serie de apreciacións ó respecto.

Partiamos dun estudo moi ambicioso que non so reducía o tráfico inicial e ampliaba o espazo verde e para o peón, senon que melloraba sustancialmente a comunicación trasversal do paseo cos barrios circundantes cunha serie de intervencións puntuais moi interesantes.

Ainda que este proxecto reduce o espazo para os coches e amplia o do peón, non so ve reducida en mais dun terzo a área de intervención inicial (non se fai ren entre o cemiterio e a rotonda da residencia Torrente Ballester).

Senon que elimina totalmente esa comunicación trasversal tan interesante nunha serie de hitos espaciais dos que xa non se sabe ren.

O primeiro permitía unha comunicación accesible e peonil coa execución dunha rampla diante do Paraninfo Universitario. Hoxe en día, esta comunicación a tan diferente cota é complicada para persoas maiores e con problemas de mobilidade. Nese sentido, cero. Proposta/proxecto

Un espazo residual desvencellado, ubicado á pe de muralla baixo as Naves do Metrosidero, xunto ó grupo de VPO, a cota inferior. Na proposta convertíase nun agradable espazo estancial, con gradas, permitindo unha zona multidisciplinar para estancia ou actuacións. Proposta/proxecto

Unha das zonas que afortunadamente se manteñen da proposta, é a multideporte, ainda que ó parecer tivo que vir a menos por Costas. O que perdemos é a plataforma para achegarnos ós cantís e o mar, moi interesante nunha zona moi formigonada e afastada do natural. Proposta/proxecto

Na parcela ubicada xusto baixo o Cemiterio de San Amaro, a que está a monte, ubicábase un novo xardín estancial para facer mais fermosa esta peza de remate dun dos nosos elementos patrimoniais mais destacables. No proxecto: nada. Proposta/proxecto

E entón a proposta vese truncada polo fin da zona a intervir. E produce uns trenzados desastrosos ante a fin abrupta da área de intervención en troques de chegar á rotonda.

Este último aspecto esperta interrogantes en min,pois xusto enriba atópase o polígono urbanístico a executar, dubido moito que a urbanización á que están obrigados cubra unha intervención de tanto calado nese tramo restante do paseo. Seguramente sexa cousa de que non chega...

a pasta para tanto. Pero ben agradeceríase que o Concello pulise os fíos que foron perdéndose polo camiño. Sen dúbida ista intervención é unha moi boa nova en canto á demencial sección do paseo nesta zona, propia dunha autopista, mais perde polo camiño o que...

para min eran as pezas mais interesantes da intervención. As que cosían o paseo á cidade. As que xeraban pequenas zonas de estancia.

Por último, chamoume a atención a reducción da masa arbórea da proposta respecto ó proxecto. Se se planta o 25% do proposto penso que estou a ser xeroso. Na beirarúa lado cidade non se planta ren, e no lado mar, de forma moi puntual. Podédelo comprobar nas comparacións que subín.

En conclusión: Algunhas luces e unhas cantas sombras. Falta de cartos e de ambición en liñas xerais (e de árbores). Agardo que as futuras intervencións no resto do paseo melloren en canto a ambición e a "coser" a cidade.

Share this Scrolly Tale with your friends.

A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.

Keep scrolling