Se sodes tan frikis do cinema coma nós, non podedes perdervos #Ennio, de Giuseppe Tornatore. Até o xoves, podes vela en @numaxcoop!
A nós encantounos ❤️
Por iso quixemos facer unha lista de filmes para revisar antes de ver a película. (E así evitar spoilers!)
Acción! 🎬
🎞️Il federale (Luciano Salce, 1961)
O primeiro filme para o que Morricone compuxo a banda sonora.
🎞️Per un pugno di dollari (Sergio Leone, 1964)
🎞️Per qualche dollaro in più (Sergio Leone, 1965)
🎞️Il buono, il brutto, il cattivo (Sergio Leone, 1967)
A obrigada triloxía do dólar, que renovou a maneira de musicar filmes para sempre. O berro do coiote! 🦊
🎞️La battaglia di Algeri (Gillo Pontecorvo, 1966)
🎞️Uccellacci e uccellini (Pier Paolo Pasolini, 1966)
Atentos aos créditos iniciais! 👌
🎞️Faccia a Faccia (Sergio Sollima, 1967)
🎞️Il grande silenzio (Sergio Corbucci, 1968)
Os outros dous grandes "Sergios" do spaguetti western. Un para a calor e outro para o frío 🔥❄️
🎞️C'era una volta il West (Sergio Leone, 1968)
Catro palabras: o home da harmónica.
🎞️Un tranquillo posto di campagna (Elio Petri, 1968)
Das máis experimentais, tanto por parte de Petri como de Morricone.
🎞️Galileo (Liliana Cavalni, 1968)
🎞️Queimada (Gillo Pontecorvo, 1969)
🎞️Le clan des Siciliens (Henri Verneuil, 1969)
Morricone tamén gostaba de compoñer para thrillers! 🕵️
🎞️Indagine su un cittadino al di sopra di ogni sospetto (Elio Petri, 1970)
...e compuxo a música de moitos.
🎞️L'uccello dalle piume di cristallo (Dario Argento, 1970)
Supoño que vos iredes decatando de que Morricone compuxo para todxs xs grandes cineastas do cinema italiano da época...!
🎞️Sacco e Vanzetti (Giuliano Montaldo, 1971)
Aquí a fermosísima colaboración entre Morricone e Joan Baez!
🎞️Il fiore delle Mille e una notte (Pier Paolo Pasolini, 1974)
🎞️Allonsanfan (Paolo Taviani, Vittorio Taviani, 1974)
Si, a tarantella que popularizou no seu momento Inglourious Basterds ven desta outra película...
🎞️Novecento (Bernardo Bertolucci, 1976)
A épica película de Bertolucci tamén se beneficiou da incrible música de Morricone.
🎞️C'era una volta in America (Sergio Leone, 1986)
A derradeira colaboración entre ambos é tamén unha das bandas sonoras máis belas da historia.
🎞️The Mission (Roland Joffé, 1986)
Ben... a máis bela banda sonora tamén podía ser esta.
🎞️The Untouchables (Brian de Palma, 1987)
🎞️The Hateful Eight (Quentin Tarantino, 2015)
A derradeira banda sonora de Morricone foi para un dos seus maiores fans, Tarantino.
🎞️Cinema Paradiso (Giuseppe Tornatore, 1988)
Se vos soaba de algo o director do documental #Ennio, era disto: dun dos filmes máis fermosos da historia, que non sería tal sen a música do Mestre.
Supoñemos que esta homenaxe tamén é un agradecemento por parte de Tornatore 🤍
Lembrade, tedes #Ennio até o xoves en @numaxcoop. Aproveitade a oportunidade! 😉
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.