Traballo de Industrias Profile picture

May 19, 2023, 12 tweets

A #fiscalidade é un mundo apaixonante, e a que afecta a industria #editorial non é unha excepción! Abro fío 👇

En primeiro lugar, temos que saber que a responsabilidade de declarar e pagar #impostos corresponde ao autor en caso de autopublicación e á editorial en caso de cesión de dereitos de distribución e venda.

Un dos impostos que afectan a este sector é o Imposto sobre o Valor Engadido (#IVE), un imposto indirecto que varía dependendo do produto. No caso do libro corresponde pagar o 4% e isto faise cada tres meses. Con todo, o IVE non afecta aos dereitos de autor.

O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (#IRPF) consiste na retención dunha parte do soldo de cada traballador. É trimestral e a porcentaxe aumenta progresivamente co salario, dende o 19% ata o 47% (máis de 300.000€ anuais). O estado e as CCAA quedan con partes case iguais.

O Imposto sobre Sociedades depende da rendabilidade da empresa. Se esta é positiva, #Facenda aplicará o tipo impositivo correspondente.

O Imposto de Actividades Económicas (#IAE) é provincial e calcúlase a partir dos ingresos do ano anterior. Só se paga a partir do segundo ano e se a facturación anual da empresa supera o millón de euros. O IAE non afecta a Aira Editorial por non se dar a segunda condición.

O Imposto de Bens Inmobles (#IBI) tampouco se aplica a Aira Editorial por non ser posuidora do seu espazo de traballo, o cal ten alugado.

Por último, tamén cómpre pagar á seguridade social, o que supón un custo para a empresa e para o traballador.

Aira Editorial está rexistrada como Follas Voadoras SL en Ourense; é, por tanto, unha sociedade limitada, polo que non cotiza en #bolsa entre outras características. Dos impostos dos que falamos previamente, teñen que declarar o IVE e o IRPF, ademais de pagar á seguridade social.

Tamén Follas Voadoras SL se ve afectada polo Imposto de Sociedades, que no seu caso corresponde a un 20% dos #ingresos brutos anuais.

É importante lembrar que as CCAA regulan os impostos que non sexan competencia doutros niveis administrativos e as porcentaxes dos mesmos poden variar dependendo da CA. Os casos de Euskadi, Navarra e Aragón son chamativos por manteren facendas #forais.

Para finalizar, apuntar que a nivel internacional a propiedade intelectual e os #aranceis comerciais entre estados son importantes fontes de recadación, aínda que estes non son impostos propiamente ditos.

Share this Scrolly Tale with your friends.

A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.

Keep scrolling