My Authors
Read all threads
Dende a semana pasada estou acreditado para traballar coma intérprete perante as institucións da Unión Europea dende o serbio, o montenegrino e o bosnio (que non bosníaco!) alén de dende o croata, o portugués e o galego cara ao español .

Vai un fío moi, moi, moi longo.
(Spoiler: a UE non considera o "galego oral" coma portugués... por moito que se diga. Trátaas coma linguas separadas - e tampouco no sistema de acreditación é comparable ao caso do croata e o serbio, montenegrino e bosnio)
E a pregunta que me fai todo o mundo, e más en Galicia, é se son unha ou varias linguas.
E a miña resposta é depende.

Depende de o que definas coma lingua e depende de a quen preguntes.
Todo o deabte que hai no galituiter sobre se o galego e o portugués son a mesma lingua (ou se o galego non é máis ca portugues deturpado...) eu mámoo por partida doble. A diario. Profesionalmente. Dende hai máis de quince anos.
E o único que podo dicir é que afrontar esa cuestión unicamente dende unha perspectiva lingüística é absurdo.
Primeiro: o criterio de comprensión vai ser sempre a partir da norma. E a norma é sempre un modelo ficticio ou xeograficamente moi determinado. Un veciño da Guarda e de Caminha teñen máis afinidade entre si ca cun de Lugo e Lisboa.
Segundo porque comprensión e comunicación non son o mesmo. A cuestión non é se eu podo comprender algo: a cuestión é se eu, de xeito natural, sen facer mudanzas, me podo comunicar como coas persoas que me comunico habitualmente, expresandome dun xeito tal que non haxa eivas.
Facer mudanzas: mudar o sotaque, os xiros, o vocabulario... son eivas. Son salvables facilmente mais son eivas. Non existe unha naturalidade absoluta. E se eu fago esas mudanzas é para me adaptar ao interlocutor porque conscientemente (!) sei que pode que non me entende.
Terceiro: porque a norma non é (só) unha caixa de ferramentas de comunicación. O papel da norma é tamén a identificación da lingua cunha entidade de poder. O exemplo claro: non temos que respectar a norma para nos entender, falando ou escribindo. O importante é o poder.
E pode xustificar a necedidade de acadar ese poder normativo coa leria que queira: a norma non é máis ou menos útil por ser máis ou menos histórica. E non: para entrar noutro espazo lingüístico hai que aceptar as norma e as reglas de todo, non vale con nos achegar un pouco.
Cuarto: porque son os falantes os que aceptan a outro falante no seu grupo ou non. E este é un criterio moi tendencioso e pasounos a todos... xulgamos ao inerlocutor por cuestións extralingüísticas (fenotipo, indumentaria, idade...) previas á comunicación.
(Xa vos podedes imaxinar en certas situacións en Bosnia o que isto significa)
Se entende(se)mos a lingua unicamente coma unha ferramenta de comunicación e comprensión, modificando eses varemos en maior ou menor tolerancia, probablemente en Europa poderiamos refacer o mapa de linguas dividíndoas ou multiplicándoas por 4.
Dicir se esta e aquela son a mesma lingua, se do que se trata é de comunicar, é irrelevante. É algo que me parece obvio. Dá igual como fales se o que queres é comunicar algo. Mentres te entendan e traten coma igual (non coma un pailán por falar con sotaque, por exemplo).
Sobre o bi-normativismo: o serbocroata, especialmente a partir de 1954, era un sistema binormativo. Foi un proceso longo, complicadísimo a pesar de ter todo a favor, e que saíu adiante cun fortísimo apoio estatal.
Indo cara a atrás: a monarquía da primeira Iugoslavia (1918-1941), incluso sendo unha dictadura, non foi que de afianzar unha norma común.
Todas as variedades que conforman os dialectos eslavos meridionais centrais (tirando polo baixo, unhas 4, 2 exclusivas do que hoxe é Croacia) tiña tradición escrita propia. En 1850, as elites culturais asinaron un acordo en Viena para crear unha lingua literaria común.
O criterio que adoptaron foi que non se crearía unha forma "artificial" senón que unha variedade determinada (xeograficamente común a todos, co maior número de falantes e con relevancia estética) sería a adoptar.
A idea era clara - pero resultou que unha das características desa variedade escollida non era a existente no único estado con poder político real: Serbia.
Isto provoca que dende 1870 (máis ou menos) a evolución das normas que se basean no mesa variedade non vai da man. En Serbia adoptan unhas características atendendo ás necesidades políticas do estado mentres en Croacia as necesidades son outras.
Croacia non ten independencia política e Serbia si. O alemán e húngaro inflúen en Croacia e en Serbia non.

En 1913 un filólogo fai unha proposta: cedamos. Os serbios deixan o alfabeto cirílico e os crotas adoptan a prouncia e a lexicografía serbia.

Non chegou moi lonxe.
Pois ben, en 1954 finalmente (104! anos despois do primeiro acordo) conseguen:
Darelle un nome á lingua (!) ("O nome debe conter a denominación das dúas variedades históricas da lingua");
Comezar a traballar nun corpus lingüístico;
Editar un diccionario común (non o conseguiron)
En 1960 aparece a primeira edición da(s) norma(s): son dúas edicións, un na variedade serbia e outra na variedade croata. As dúas son igual de válidas en todos os ámbitos de uso dunha ou doutra.
En 1971, tras un diccionario común confiscado polo estado, aparece a primeira protesta estructurada: por que hai que lle chamar croataserbio cando sempre foi croata? E o resto, máis ou menos, xa o coñecedes. Entenderse, si, pero o nome da lingua foi innegociable.
Consecuentemente as dúas normativas seguiron vixentes pero o proceso foi de preparación para as separaren definitivamente en canto politicamente fose unha opción viable. De novo, non era a norma o problema, era comaprtir ese poder o que era problemático (alén da identidade).
Hai uns anos, cando Croacia xa estaba case na Unión Europea, a daquela primeira ministra "agasalloulles" os serbios a tradución do acervo comunitario. É documentación valorada en 300.000 euros, mais ou menos.
(Sería equivalente ao que se publicou en galego dende 1982 en número de palabras).
Pois non lles valeu.
Obviamente a tradución era comprensible, máis ca ler esa documentación en finés... pero non era acaida ás normas.
Como intérprete: eu teño que interpretar ao castelán desas linguas porque hai unha eiva de comunicación. Entre eles, enténdense sen moitas eivas? Si. É mesma lingua? Non.

A norma, afortunada ou infelizmente, é o que nos indica se son ou non a mesma lingua.
.@threadreaderapp unroll, please
Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh.

Enjoying this thread?

Keep Current with Jairo Dorado Cadilla

Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

Twitter may remove this content at anytime, convert it as a PDF, save and print for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video

1) Follow Thread Reader App on Twitter so you can easily mention us!

2) Go to a Twitter thread (series of Tweets by the same owner) and mention us with a keyword "unroll" @threadreaderapp unroll

You can practice here first or read more on our help page!

Follow Us on Twitter!

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3.00/month or $30.00/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!