Hoxe veño contar a historia dun home de Cerdido, unha historia que descubrín na revista Terras do Ortegal. A historia de Severino Trinquete Solloso. Abro fío.
Severino naceu en Castrillón, un lugar da parroquia de Cerdido o 19 de setembro de 1869. Era o cuarto fillo de labradores. Sendo un adolescente case analfabeto embarca na Coruña rumbo á Habana.
Chegou á Habana en 1885, con 16 anos. Alí, o mozo coñeceu o ferrocarril, a iluminación pública con gas (e o seu posterior paso á luz eléctrica) e soubo do invento do teléfono.
Non se sabe a ciencia certa cales foron os seus primeiros traballos na Habana, do que si hai constancia é de que comezou a acudir a clases nocturnas, despois da súa xornada laboral, para mellorar a súa formación.
Severino chegou a exercer como xornalista, comerciante e activista social, alén de cultivar a escrita literaria.
Adquiriu a Librería Wilson, situada na Calle Obispo (a principal rúa comercial da Habana nesa época e incluso a día de hoxe).
Chegou a ser tanto o seu prestixio como libreiro que o propio Miguel de Unamuno enviou en 1906 unha carta a un intelectual cubano na que se lee o seguinte.
"Conforme a su indicación, ayer mismo escribí a D. Severino Sollo de la librería Wilson, y le remití ejemplares de las dos obras que hoy son de mi propiedad para que me las venda a comisión. Y así le iré dando las que vaya produciendo..."
Esas obras eran "Paz en la guerra" (1897) e "Amor y pedagogía (1902).
Dende ese privilexiado punto de encontro que era a libraría, estivo en contacto coas vangardas culturais cubana e galega. Formou parte da Asociación Iniciadora e Protectora da Real Academia Galega.
Escribiu artidos no Diario de la Marina (principal xornal cubano) e en varios xornais galegos da Habana. Asinaba os seus artigos como Severino T. Solloso, aínda que ás veces usaba pseudónimos.
Amigo persoal de Ramón Cabanillas e de Roberto Blanco Torres, apoiou o movemento agrarista en Galicia e axudou e foi mecenas de todos os intelectuais galegos que chegaban á capital de Cuba.
Participaba en foros onde se facía crítica literaria e se analizaban os problemas da época en Galicia. Ramón Cabanillas dedicoulle un soneto. En 1913 levaron a Cuba a Basilio Álvarez para que falase sobre o agrarismo.
Severino Solloso regresou a Cerdido en 1915, enfermo de tuberculose pulmonar. Morreu o 26 de marzo de 1916 con 46 anos. Está enterrado no cemiterio da súa parroquia natal.
Necrolóxica na revista Labor Gallega da Habana o 15 de maio de 1916, na que se informa da morte de Severino Trinquete Solloso.
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh