Sabías que a primeira camioneira de España era galega. Celia Rivas (Lugar de Calcova, Fisterra) está recoñecida como a primeira muller camioneira de España. É probablemente tamén a primeira muller europea que participou nun conflito bélico como transportista. #Galicia 👇🏼
Empresaria de exito co-fundadora xunto ás súas irmás da empresa Fillos de Joaquín Rivas, dedicada á comercialización de peixe e marisco.👇🏼
En 2018, a escritora Anaír Rodríguez e a ilustradora Nuria Díaz incluírona no seu libro "Pioneiras - Galegas que abriron camiño" como unha das doce mulleres na historia de Galicia con maior transcendencia na eliminación de barreiras para as mulleres 👇🏼
En 1932 chegou a Coruña coa firma decisión de sacar o permiso de conducir camións, algo absolutamente inédito para unha época en que mesmo era raro para un home posuír o permiso de conducir, converténdose así na primeira muller camioneira do Estado español.
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh