O'Iván 🦁🐲 Profile picture
Oct 27 30 tweets 6 min read
🔴Esta historia é🔝TOP🔝, amigues. E non porque sexa unha marabilla que tamén (BETANZOS ESTÁ FURADO POR UNHA PUTA MINA) senón top de toponímica. Non a sabedes? CÓNTOVOLA 🧵
Pois resulta que aló por finais do século XVIII había un dixomedíxome entre a veciñanza: en Betanzos hai azougue a mancheas.
E que o azougue? Fácil, diredes: azougue é o lugar onde está a Igrexa de Santa María do Azougue.
Si, pero tamén é outra cousa...
O azougue é tamén unha forma popular e antiga para referirnos ao mercurio.
A vinculación faise fácil: En Santa María do Azougue ten que haber azougue!!!!!
Pero a vinculación non só era toponímica. Os veciños “ynteligentes de los parages” comentaban que “puede hallarse con fazilidad” o azougue. Vaia, que facías un furado e abrollaba o azougue por Betanzos
O dixomedíxome chegou a oídos de Miguel Bañuelos Fuentes, cabaleiro da Real Distinguida Orde de Calos III, intendente xeral do Reino de Galicia, xuíz conservador de todas as rendas e subdelegado xeral de minas do Reino. Estaba sen cargo o señor
Se abrolla o azougue por Betanzos será a descuberta do século, debeu pensar o señordón Miguel Bañuelos Fuentes. Isto haberá que comprobalo!
Pois alá que o señordón intendente Bañuelos enviou á cidade de Betanzos ao tenente coronel do corpo de enxeñeiros, Feliciano Miguez Pereira, cunha real orde para facer as pescudas necesarias e comprobar se o que dicían os veciños era verdade. Ya sabe usted como son estos gallegos
A primeira misión de Feliciano Miguez, o enxeñeiro foi escoitar os veciños.
Publicouse un edito nos lugares acostumados de Betanzos (📣📣📣SE HACE SABER!) solicitando a colaboración cidadá e o testemuño dos seus poboadores.
E chegou o primeiro
Nicolas Otero foi o primeiro en declarar.
Nicolas era mordomo da confraría do Apóstolo San Pedro da Igrexa de Santa María do Azougue.
Nicolas foi testemuña dun episodio que acontecera 5 anos antes.
Nicolas contouno:
"Estabamos abrindo a sepultura de Joseph Pardo que estaba situada baixo o arco da porta principal da igrexa e aconteceu o inaudito: saíron grans de azougue de entre a terra. CON ESTES MEUS OLLOS QUE O VIN"
Feliciano Miguez non daba crédito así que mandou chamar a Alberto Fernández, o sepultureiro que abriu esa tumba.
E que dixo Alberto?
NANAI, NASTI, NEL.
QUE AZOUGUE NIN QUE AZOUGA! Alí terra, e nada maís.
O Alberto sepultureiro negouno unha e outra e outra vez. Aínda que lle dicían que se dicía a verdade, tería recompensas.
NA-DA
A cousa semellaba ter mala pinta... . Até que apareceu Pedro Silva do Vilar
Pedro Silva do Vilar era mestre de obras que fixera moitos encargos pola cidade.
Nun deles, na casa do prateiro Domingo Antonio Botana, viu como este estaba rematando uns pendentes poñéndolle unha capa dourada estraña. “Que é iso?”, preguntou
O prateiro respondeu: “Unha mestura de ouro e mercurio, meu”
“Hostia, pero é certo que aquí hai mercurio”, preguntou o mestre de obras.
“Vaia se é certo!” O Caxiao e Peanadobre, canteiros que seguro coñeces, atopárono abrindo unha parede! Mira, mira! Isto tróuxomo o Caxiao!!”
E o prateiro amosoulle unha bacía* que contiña unha mestura de lama e de mercurio
“Mimá! E onte está ese manancial de mercurio”, preguntou o mestre de obras.
"Tapiado -dixo o prateiro- xunto á casa do Conde de Oca. Mandouno pechar o corrixidor de Betanzos para que non se usase"
O relato de Pedro Silva do Vilar incluía máis indicacións: hai mercurio preto do Covento de San Francisco. Hai mercurio no adro da parroquia de Santa María: é certo o que di o mordomo da igrexa.
O testemuño era sólido sólido, agás por unha cousa.
Unha cousiña sen iportancia: todas as persoas que citaba o mestre de obras (os canteiros Caxiao, Penadobre, o prateiro coa bacía chea de lama e azougue, o corrixidor...) todas, todas estaban mortas
BAYA
PERO QUE MÁIS DÁ! debeu pensar Feliciano Miguez, o enxeñeiro. TEN QUE HABER PUTO AZOUGUE NA IGEXA DO AZOUGUE. AQUÍ HAI DOUS CHORBOS QUE DIN QUE HAI AZOUGUE E TEN QUE HABER AZOUGUE
Pois nada: ABRAMOS UNHA PUTA MINA.
E aí que se abriu unha puta mina en todo Betanzos con entrada na rúa da Ribeira, ao lado da rúa de Santa María, onde apareceu esta nova entrada este días.
Mais pasou algo...
As obras de escavación comezaron xusto onde lle dixera o mestre de obras que estaba o manancial tapiado, xunto a casa do Marqués de Mos
As obras da mina paralizáronse ese mesmo ano e niso moito que ver o Marqués de Mos?
Por que? O marqués e Feliciano Míguez levárono á tumba, pero Feliciano deixou o seu rancor escrito nunha placa:
Reinando en España Carlos III, de su real orden buscó esta veta de azogue el Teniente Coronel D Feliciano Miguez Pereira, con evidencia de averlo en la casa de Oca, en la Plaza de Paio Fermoso (segue)
El marqués de Mos prefirio sus despreciados fines particulares i de aquella casa a los intereses del Rey, i de esta ciudad de Betanzos. Sus falzas exposiciones suspendieron esta obra.
Non sabemos por que se suspenderon as escavacións, pero Xosé Cornide uns anos despois comentou o seguinte QUE É MARABILLOSO⤵️⤵️⤵️⤵️
Tradúzovos a imaxe:
PUTOS PAIASOS. ME MARO! AZOUGUE É UNHA PRAZA ONDE HABÍA UN MERCADO, PUTOS MINEIROS. SANTA MARÍA DO AZOUGUE NON É SANTA MARÍA DO MERCURIO, SENÓN DO MERCADO.
DÉANME MAÍSCULAS MOI GRANDES”.
Cornide, I feel you, broh
Efectivamente azougue era en galego un sinónimo de mercado. Por exemplo en 1244 está documentada unha casa "in Crunia in azougue de piscato", isto é, no mercado do peixe
ilg.usc.gal/xelmirez/xelmi…
Furaron Betanzos porque, entre outras, interpretaron mal un topónimo. ESPECTACULAR
PD: Aquí cruzóuseme o cable e onde pon Conde de Oca ten que pór "Marqués de Mos"
A historia contouna mellor e con máis datos Francisco Vales Villamarín en 1944, cronista oficial de Betanzos e secretario da RAG no boletín desta última

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with O'Iván 🦁🐲

O'Iván 🦁🐲 Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @echeoqhai

Sep 4, 2021
Os acentos tamén din moito
O resto do cartel tampouco estaba moi alá
Neste algo melloraron
Read 4 tweets
Jan 3, 2019
Hai tempo que quero contarvos un conto... Mellor dito, 80.000 contos. Pero estou agardando a que me dean o ok. Podo? #BeaAsiendoCosas
O conto comezou cando hai uns meses, o presi do Club do Mar levou do ganchete a Bea a coñecer as instalacións e os seus proxectos futuros.
Bea amosouse encantada e decidiu levar ao seu despacho aos representantes do Club do Mar, onde lles prometeu estudar para atopar "vías de colaboración que encaixen nalgúns dos programas da Consellería"
Read 40 tweets
Apr 13, 2018
Moitos pasan diante del e moi poucos coñecen a súa historia. Os gafapasteiros dirán que é unha homenaxe ao dragón do Park Güell de Gaudí. Pero xa quixera este ter a historia que agocha o Dragón do Monelos. Atent@
O Dragón do Monelos descansa case 550 anos despois de que nos visitase por vez primeira e marcase a vida (e a obra) do noso conveciño, Xosé. Foi en 1470.
Antes de coñecermos a historia, vaiamos por partes. Se pegas o ouvido ao chan do Parque Europa na Coruña, aínda escoitas pasar o río á súa beira percorrendo o que hoxe a rúa Monelos. De pequeno, cando pasaba pola Ponte Gaiteira aínda escoitaba o seu rumor na marxe esquerda.
Read 21 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Don't want to be a Premium member but still want to support us?

Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal

Or Donate anonymously using crypto!

Ethereum

0xfe58350B80634f60Fa6Dc149a72b4DFbc17D341E copy

Bitcoin

3ATGMxNzCUFzxpMCHL5sWSt4DVtS8UqXpi copy

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!

:(