Hoxe é nova nos medios a dragaxe da ría do Burgo, porque foron políticos a facer fotos. O xoves pasado tirei esta foto, navegando cargada de lodos de "toxicidade media", (supostamte) contra vento e marea, para verter a só 2 millas ao NW da #Coruña. Vexamos... Mini-fío 👇
1/7. Cómpre ter presente que o punto da vertedura, caladoiro chamado “Miño” (8º25’00”W 43º25’37”N), se atopa a pouco máis de dúas millas ao norte da cidade da #Coruña...👇
2/7. Unha vez que vertan os lodos, non son pelouros que afundan en minutos. É sedimento, graxas e hidrocarburos que estarán -indiciariamente- bastante tempo na columna de agua ou mesmo flotando... 👇
3/7. Como o día da foto, contra vento e marea, canto tempo tardarían en chegar parte dos lodos de novo á costa? Mesmo a só 2 nudos, serían 2 x 1 milla/hora = 2 horas. 😳👇
4/7. Había alternativas? Si. En estudos previos había alternativas, sendo a máis razoable levar os lodos (e tamén cos que rechearon o Burgo) para SOGARISA (seica se dedican ao tratamento de residuos industriais...) 👇
5/7. Na hemeroteca -en internet- pódense atopar declaracións nas que desde a Consellería de Medio Ambiente prantexan a colaboración “para poder enviar esos restos a SOGARISA”. Descoñezo os motivos polos que finalmente non se contemplou esta alternativa 👇
6/7. Máis, qué importa isto? O que importa é chamarlle "ambiental" a unha dragaxe que pode ser o que queira menos "ambiental". Igualmente importante son as fotos. As fotos. Así nos vai.
7/7. Segundo o proxecto, verteranse 223.361,75 m3 sedimentos contaminados ao mar. Para facernos unha idea: equivale a encher 30 campos de futbol coma o de Riazor na #Coruña con 1 metro de altura de lodos. Pouco nos pasa.