O Consello da Xunta acaba de declarar a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma. Poderá implicar a reorganización funcional dos servizos administrativos e as modificacións orzamentarias necesarias para afrontar a emerxencia
Esta declaración activa o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia, no que o presidente da Xunta, @FeijooGalicia, asumirá todas as actividades de emerxencia
✔Crearase un Centro de Coordinación Operativo con responsables da Xunta, Goberno central, FFCCSE e emerxencias
✔Porase en marcha un enlace co posto de mando avanzado
✔Mobilizaranse de inmediato os grupos operativos
✔Informarase á poboación das instrucións pertinentes