✅🌊 Hoxe aprobamos no #CMin un Real Decreto para a mellora das condicións laborais no sector pesqueiro, un paso previo para a ratificación do Convenio 188 da OIT de traballo no mar.
Como mellorará a vida dos mariñeiros? Aquí detallo as medidas. #TrabajoDecentePesca 👇🏾
⚓️ En Galicia coñecemos ben a vida a carón do mar, a vida dos mariñeiros que marchan durante meses a faenar lonxe da súa terra e de todas as familias e comarcas que dependen da pesca, motor económico en Galicia e no Estado.
#TrabajoDecentePesca
📰 Esta medida, froito do acordo entre os interlocutores sociais do sector, introduce importantes melloras para as persoas que traballan no mar, garantindo os dereitos laborais e a saúde e seguridade no emprego, principios irrenunciables de @empleogob.
#TrabajoDecentePesca
⏺ Hoxe damos un paso decidido na protección dos dereitos dos traballadores do noso sector pesqueiro, equiparándonos a outros países europeos, impulsando o mercado interior e afondando na dimensión social da Unión Europea.
#TrabajoDecentePesca
💙 Os nosos mares son fonte de vida, tamén deben selo de emprego digno e de calidade. Protexer e defender o sector pesqueiro é garantía de futuro para centos de comarcas do noso país. Nesta crisis sanitaria, os mariñeiros tampouco quedarán atrás.
#TrabajoDecentePesca
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.