ourensenoespello Profile picture
Esta conta opina. Non milita, nin militou nin militará nunca.

Sep 13, 2020, 7 tweets

Sobre os incendios que cada ano son máis devastadores sempre atopamos á oposición apuntando ao goberno autonómico de turno. Eso é non apuntar á raíz do problema.
Fai 30 ou 40 anos era imposible que o lume chegara ás casas no rural porque ao redor delas había hortas, prados,...👇

Cando ardía o monte, na maioría dos casos apagábano os veciños cos seus propios medios. Difícilmente se formaban incendios mostruosos porque os camiños estaban de andar por eles, non había mega plantacións de eucaliptos, a xente apañaba o toxo para estrar as cortes,... 👇

A xente do pobo coñecía o terreo como a palma da súa man, porque vivía del. Pronto se organizaban para, cos seus propios medios, atallar o lume por onde mellor conviña. Sabían de onde viña o aire, cara onde avanzaba o lume e qué se ía atopar nesa dirección.👇

Os que tiñan tractor e cisterna para botar o purín ían ao río, enchíana, e tomaban o camiño máis curto para atallar as lapras.
O resto ían con xestas a apagar nas zonas de monte baixo.
O monte era rendible e o pobo non permitía que lle queimasen o que lles daba de comer. 👇

Que pasou entón nos últimos 40 anos?
- O monte deixou de ser rendible. Antes un tráiler de piñeiros daban para cubrir as necesidades dun ou 2 meses. Agora vale menos de 300 €.
- A xente abandonou o rural. Desapareceron milleiros de explotacións agrícolas de subsistencia 👇

A xente no rural non vive da terra. Traballa na cidade máis cercana, nun polígono industrial,... moi pouca xente vive do sector primario porque deixamos de ser competitivos.
- O leite, a carne, a madeira, os productos da horta,... hoxe importamos boa parte do que consumimos,.. 👇

Eso pode cambiarse desde a Xunta?
As decisións que nos trouxeron ata aquí viñeron de máis arriba e só desde máis altas instancias se pode cambiar o rumbo.
Á xente do común cóstanos establecer onde están os intereses e quen os promove, pero temos claro que esto cheira a chamusco.

Share this Scrolly Tale with your friends.

A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.

Keep scrolling