ourensenoespello Profile picture
Esta conta opina. Non milita, nin militou nin militará nunca.
Sep 13, 2020 7 tweets 2 min read
Sobre os incendios que cada ano son máis devastadores sempre atopamos á oposición apuntando ao goberno autonómico de turno. Eso é non apuntar á raíz do problema.
Fai 30 ou 40 anos era imposible que o lume chegara ás casas no rural porque ao redor delas había hortas, prados,...👇 Cando ardía o monte, na maioría dos casos apagábano os veciños cos seus propios medios. Difícilmente se formaban incendios mostruosos porque os camiños estaban de andar por eles, non había mega plantacións de eucaliptos, a xente apañaba o toxo para estrar as cortes,... 👇