Alberto Mancebo Profile picture
Xornalista na TVG. Conto cousas de Portugal no podcast “Pasarse da raia” 🇵🇹 Lambón de libros, idiomas, series, destinos e hidratos. De Vimianso 🏰

May 14, 2021, 11 tweets

3 meses estivo pechada a fronteira con Portugal ❌🚧Os galegos temos ponte esta finde e podemos aproveitar para viaxar ao país veciño 🇵🇹
É fácil chegar ao Porto, Braga, Coimbra... Pero que outras xoias menos visitadas esconde o norte e centro de Portugal?Abro fío!
@visitportugal

1-Guimarães: O complemento perfecto para a túa visita ao Porto ou mesmo Braga. Relativamente preto das dúas 🛣 Guimarães é o berce de Portugal. A súa grande historia vese reflectida na variedade de monumentos nacionais e edificios históricos 🏰

2-O Alto Douro Vinhateiro: Alijó, Pinhão, Favaios… As uvas 🍇 do viño do Porto non xermolan no Porto! No distrito de Vila Real atópase a Denominación de Orixe máis antiga do mundo. Remóntase a época do Imperio Romano. Unha das paisaxes máis impresionantes de Portugal ⛰

3- Senhor da Pedra en Vila Nova de Gaia: Erixida en 1686 é unha das excursións olvidadas cando se visita O Porto. Está a só 15 miutos en coche do centro. 🚙💨

4- Passadiços do Paiva: 8 quilómetros de pasarela de madeira que percorre o río Paiva, no municipio de Arouca. Un paseo entre augas bravas, cristais de cuarzo e restos arqueolóxicos no medio da natureza 🏕

5- As vilas e aldeas do Distrito da Guarda: En toda a península non hai unha concentración de localidades tan fermosas😍Aldeas medievais que conservan a súa estrutura e vilas fortificadas para defenderse dos españois durante séculos. Destacan Castelo Mendo, Almeida e Trancoso.

6- Sortella: É unha das vilas da Guarda pero merece unha mendición especial. A vila fortificada medieval máis fermosa de Portugal consérvase grazas a que foi abandonada durante décadas e logo restaurada. Saramago dixo dela que é "un viaxe real ao medievo."

7- Piódão: Non se puido acceder en coche a esta aldea da Serra da Estrela ata finais dos anos 70 ❌🚗 Contan as lendas que os fuxidos da xustiza se agacharon nela durante séculos. Non é doado chegar pero paga a pena totalmente. ☝🏼

8- Dornes: A 45 minutos en coche ao sur de Coimbra esta vila ocupa un espazo privilexiado no medio dun encoro 🚣🏻 Dornes foi un emprazamento templario 🏰 no que se respira a calma entre igrexas medievais e vivendas con encanto.

9- 516 Arouca: Por fin abriu a ponte colgante peonil máis longa do mundo 🌉
Está en Arouca. Mide 516 metros, daí o seu nome.
👇🏼Así a inauguraron, cun desfile de moda a 175 m de altura.

10- Ilhas Berlengas: ☀️🌊
É que non sei que dicirvos... é exactamente igual (ou mellor) que na foto! A 40 minutos en Barco dende Peniche. 🚢

Share this Scrolly Tale with your friends.

A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.

Keep scrolling