Alberto Mancebo Profile picture
Xornalista na TVG. Conto cousas de Portugal no podcast “Pasarse da raia” 🇵🇹 Lambón de libros, idiomas, series, destinos e hidratos. De Vimianso 🏰
Aug 16, 2022 14 tweets 5 min read
⚓️🛟O distrito de Aveiro vive en canto ao turismo das migas que lle deixa Porto pero é unha das provincias máis interesantes do país😮
Dá para unha viaxe dedicada exclusivamente ao distrito da auga de Portugal 🌊
Abrimos fío de auga e cores
🌈💧🧵 1-Bioria de Estarreja: Para os que buscan unha ruta en bici ou a pé se teñen moito tempo. Ademais das vistas á ría e zonas de estuario, tamén é un dos lugares favoritos para os fans do avistamento de aves en Portugal. Pódense alugar bicicletas alí mesmo por prezos moi económicos.
Jun 10, 2021 13 tweets 4 min read
🇵🇹🇵🇹10 de xuño!!🇵🇹🇵🇹
Hoxe é o día de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas 🗺
Os nosos veciños teñen hoxe un día feriado, sabíalo? Cantas cousas sabes de Portugal?
Un ano máis, aquí 👇🏼 unhas cantas curiosidades sobre Portugal 💚❤️ 1-En Portugal non lle podes poñer o nome que ti queiras ao teu fillo. Hai unha lista 📑 a disposición dos cidadáns para consultar e escoller. Por exemplo: Tomás está permitido pero Tom ou Shakira, non. Agora entendes por que tes a sensación de que todos teñen os mesmo nomes?
May 14, 2021 11 tweets 5 min read
3 meses estivo pechada a fronteira con Portugal ❌🚧Os galegos temos ponte esta finde e podemos aproveitar para viaxar ao país veciño 🇵🇹
É fácil chegar ao Porto, Braga, Coimbra... Pero que outras xoias menos visitadas esconde o norte e centro de Portugal?Abro fío!
@visitportugal 1-Guimarães: O complemento perfecto para a túa visita ao Porto ou mesmo Braga. Relativamente preto das dúas 🛣 Guimarães é o berce de Portugal. A súa grande historia vese reflectida na variedade de monumentos nacionais e edificios históricos 🏰 Image
Jun 10, 2020 9 tweets 3 min read
🇵🇹Hoxe é o día de Portugal🇵🇹 Aquí é feriado, unha xornada de lecer que os nosos veciños aproveitan para coñecer mellor o seu país, entre outras cousas 🚗. Pero cantos sabes de Portugal? 🤔 Aquí algunhas curiosidades 1. Iso de beber té parece moi británico pero foron os portugueses quen introduciron este costume na Gran Bretaña. Catalina de Braganza, que casou con Carlos II de Inglaterra, exportou este hábito típico da corte portuguesa.