Medio fav e explícovos porque a comedia #TheFrontPage de #BillyWilder (Primeira Plana, 1974) e o #western #HighNoon de #FredZinnemann (Só ante o perigo, 1952) son a mesma película. #film #cinema #xornalismo #journalismfilms
Imos alá entón! Pois as dúas películas teñen un protagonista que é o mellor nos seu traballo (sexa sheriff ou xornalista), un oficio arriscado, en ocasións suxo, incluso perigoso para a súa integridade física e moral. Ambos queren retirarse para casar e asentar a cabeza...
...cunha muller guapa e nova, a súa muller. A incómoda diferencia de idade tamén é un factor común.
Ó noso protagonista chégalle unha oportunidade, case unha obriga, de realizar un último traballo antes de retirarse. Ó comezo négase, dubida, pero acabará aceptando o inevitable.
... Causándolle, no proceso, un desgusto á pobre rapaza, que decide coller o derradeiro tren de volta ó seu fogar, con el ou sen el.
En ambos "derradeiros traballos" hai foraxidos. E tiroteos.
E unha manchea de voitres, colegas de profesión, que non dubidan en traizoar ao noso protagonista.
Tamén temos un pipiolo que quere substituír ó noso veterano protagonista!
O de Walter Burns e Helen Ramírez quizabes é un pouco pillado polos pelos... ou non? 🤔
En fin, que os foraxidos son ***SPOILER de pelis que teñen máis de 40 anos*** atrapados, o protagonistas cumpre o seu deber e gáñase de volta o amor da rapaza... ou non, porque o sentimento que queda é agridoce ou directamente irónico, que amarga o final feliz...
Son ou non son o mesmo filme? Vós que opinades? 😉
Só vou engadir algo máis. Se vos interesa o #cinema e o #xornalismo, STAY TUNED 😉😉😉
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.