Manuel Gago Profile picture
Director de @culturagalega, profesor na @UniversidadeUSC, escritor e comisario de exposicións. Barbancés Ͻ Pobra do Caramiñal.

Dec 27, 2021, 15 tweets

Este Nadal o Colectivo A Rula publicou un agasallo marabilloso: a identificación preto do Ulla dun santuario rupestre activo durante miles de anos: conpetróglifos da Idade do Bronce, un barco, inscricións romanas e posteriores. E hai algo moi fermoso. 👇
culturagalega.gal/noticia.php?id…

Atoparon algo case único: no medio das combinacións circulares prehistóricas, 1 inscrición de época romana. Dicía isto:
"Titus Aulius Arcisus realizou libremente esta dedicación para Diana como consecuencia dunha visión (un soño, algo revelado)". (Trad. e imaxes de J.M.Abascal)

DUNHA VISIÓN.
E aquí vén unha historia ben bonita aínda por escribir.
Ao señor Arciso, un paisano con nome celta, a deusa manifestouselle como fan os deuses, a través dun soño, dun trance ou similar. É a práctica da incubatio, habitual nas sociedades antigas.

Pero a práctica da adiviñación e do encontro cos deuses non está distribuída de xeito homoxéneo en Hispania. David Serrano analizou en 2019 a distribución das inscricións romanas que conteñen a fórmula 'ex visu' (como esta da Estrada). E atopou 1 patrón ben curioso.

A maior parte das inscricións romanas realizadas "porque un deus pasou a saudarte" están localizadas na zona occidental da península e nomeadamente na antiga Gallaecia. Serrano sinala 2 tradicións, a 'incubatio' (adiviñación) mediterránea e a incubatio céltica ou indíxena.

A incubatio mediterránea segue o patrón da tradición oracular oriental ou mediterránea, como este 'ex visu' dedicado á Árbore Santa, vinculada a Cibeles e a Atis, sufragado en Osuna (Sevilla) por un posible señor sirio.

Pero canto máis ao norte subimos, aparece as aparicións dos deuses indíxenas. Moitos deles vinculados á auga, aos manantiais, ás termas. É a incubatio céltica, na que a auga é a ponte entre este mundo e o outro.

Por exemplo, a mitiquísima ara dedicada por dona Calpurnia Abana ás Ninfas das Burgas de Ourense. Vedes aí o "Ex Visu"? Pois o que nos di é que Calpurnia flipouno un pouco, ben nas Burgas ou noutro lugar, e conectou coas Ninfas a través dalgún proceso alucinatorio ou de soños.

E esa constante da que se decatou Serrano en 2019 tamén está presente nesta nova inscrición da Quenlla dos Carballos (A Estrada) descuberta pola Rula. O lugar ten unha visión privilexiada sobre o Ulla.
Se cadra Diana é a tradución romana dunha antiga deusa.
Pero hai algo máis.

Neste caso só un xogo, pero un xogo bonito.
Do mesmo xeito que a área noroccidental peninsular é a que concentra a maior parte de visións e aparicións de deuses, o fenómeno pareceu continuar con posterioridade...

En 1985 don Manuel C. Díaz y Díaz publicou este marabilloso libro. A tradición de numerosas visións de paraísos, deuses, pantasmas e outros mundos na Galicia altomedieval. O nacemento de todo un xénero literario de gran percorrido na Europa medieval.

Non sei que 'densidade' de visións divinas ten Galicia en relación a outras áreas europeas. Nin sequera creo que se teña cuantificado este dato. Do que si estou seguro é que o libro de Díaz y Díaz é unha referencia internacional para os investigadores que traballan neste tema.

Quen sabe se esta abundancia de visións de Outros Mundos, santos e prodixios na Alta Idade Media galega non nace dese mundo antigo. Os soños cambian de decorados, pero soños seguen sendo.

No Anxo Negro fago dicir a un ermitaño do século XII: "Aquí Deus aínda ten moitos nomes".

Por certo, o artigo no blog de A Rula: colectivoarula.com/2021/12/24/a-e…

E a publicación de David Serrano: academia.edu/43413489/Sue%C…

E un último detalle ben curioso para que vexades as diferencias culturais na relación cos deuses. En azul tedes as inscricións con texto 'ex visu' (por unha visión, un soño, unha aparición). En laranxa as inscricións con 'ex iussu' (por orde ou mandato do deus).

Share this Scrolly Tale with your friends.

A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.

Keep scrolling