How to get URL link on X (Twitter) App
Os Feitos do arcebispo Berenguel de Landoria, a segunda gran crónica medieval de Santiago, narran que en outubro de 1320 este aristócrata francés, que entrou en Galicia armado ata os dentes, foi atacar varias fortalezas do sur do arcebispado. Entre elas, a de Chapa.
Ao entrar, os ollos comezan a explorar toda esta información disposta a ser interpretada. Pero a min automaticamente vai a vista para ese arcosolio da dereita, onde xace unha figura.
O sartego destaca pola súa heráldica, ilustrativa das casas das que descendía, e unha sorprendente estilo de escrita en pedra. Sabemos polo seu testamento que quixo ser enterrada cos seus pais. E á súa cabeceira, hai unha interesante inscrición.
A bandeira é unha encrucillada de sentidos. Por unha banda, permítenos contar a vibrante historia do nacemento do movemento agrarista nas comarcas pontevedras a finais do XIX, e que no propio concello pontevedrés, en parroquias como Salcedo e Lérez tivo moita forza.
Primeiro, algo moi curioso. Nesta edición dunha escolma das súas fotos editada en Londres en 1868 observade como a Mateo aínda se lle designa polo seu nome en galego. Cando o pórtico colla gran sona pasará a ser Maestro. Pero aínda non estamos aí.
A principios de maio de 1719 entraron un Lugo un grupo de cabaleiros que viñan de incógnito. O Capitán Xeral do reino de Galicia advertira por carta ao concello e o cabido da chegada dunha personaxe, con nome en clave, o 'cabaleiro de Connock'. Viaxaba cun séquito reducido.
Temos dúas crónicas de cruzados que dan conta das súas accións en Galicia e a súa peregrinación á catedral. A fonte máis coñecida é a dun destes guerreiros, Osbernus ou Osborne, que describe a principal acción desa campaña: a conquista de Lisboa en apoio a Afonso Henriques.

The old pictures of one of the largest hillforts of Gallaecia are simply stunning. You can see here the stone walls of the 17th fortress in the top. But in the slope, the well preserved Iron Age terraces and even ramparts!
A pouco que un se fixe mirará algo estraño. Hai unha porta románica cun tímpano enriba, pero por riba unha especie de óculos dos que sobresaen enigmáticas figuras ata unha gran altura. Son aberturas da escaleira de caracol que sube ata o tellado.


No panteón está soterrado un curioso médico: Francisco Romero Blanco, natural de Tállara e reitor da USC (1838-1918). Romero foi home católico, conservador e, ollo-aí, un dos introdutores do darwinismo en Galicia. 
1. O Mosteiro Máximo.
Aviso: case todos estes sitios teñen feito correr RÍOS de tinta (e bytes) entre investigadores académicos e eruditos locais. Son sitios de alto voltaxe: xúntase localismo, política, ganas de gloria, vanidade e moito tempo libre. Non imos discutir de localizacións por aquí.
Dous reis soterrados na catedral de Santiago, Fernando II e Afonso VIII, lideraron este proceso que transformou Galicia para sempre. 
Unha troita debe habitar sempre nesta fonte. As veciñas da aldea lembran sempre esa tradición: cando unha troita morre, cómpre ir coller outra ao veciño río Azúmara. A troita acompañaba as mulleres e os seus cantos no lavadoiro. E moi posiblemente escoitou os seus desexos.

O primeiro mandárono os Elanianos (os de Illano, un pouco ao norte). No segundo, máis amplo, os Buroflavienses (moi posible xente de preto da Pobra do Burón, A Fonsagrada) desexan riqueza e abundancia á xente de Ocela, que era o nome deste castro do Chao Samartín.
https://twitter.com/magago/status/1697498488492212328
Hai darlle voltas a isto: na cultura tradicional, todo ten unha función. Os animais da casa, cans, gatos, etc. traballaban todos. O corvo é o único que parece funcionar como 'animal de compañía' (!) e é o único que ten nome de persoa. Cans e vacas teñen nomes non humanos.
Estou lendo as memorias inéditas dun familiar meu, Ramón González, nas que hai datos moi saborosos sobre a vida no Barbanza a principios do século XX, a Guerra civil, a represión ou as grandes figuras da época, vistas desde os ollos e as voces dos mariñeiros da Pobra.
Algúns destes castelos duraron apenas anos ou menos tempo. Os señores construíanos en lugares estratéxicos, pero os arcebispos, cos seus exércitos, botábanos abaixo en canto podían para rematar coa ameaza. O territorio está cheo de cicatrices destas guerras de baixa intensidade.
No pórtico consérvanse tres esculturas do século XIV-XV, da fundación orixinal dos Andrade. Unha Virxe co neno e dous santos, moi erosionados polo vento mareiro. Pero se vos fixades, os santos e os nenos teñen cabezas novas (bastante torpes). A Virxe non.
A escalada de tensión era notable no ámbito diplomático e nas redes de espionaxe. O embaixador inglés Samuel Hoare foi convocado de urxencia en Meirás. No camiño non paraba de ver unidades militares por Galicia. Máis info neste texto de @emilio_grandio:
Viaxemos a finais do século X, ao reino de Pamplona. Alí estase a compilar o códice de Roda. Un libro de Historia. Ou de historias. Boa parte do libro é a Historia do galaicorromano Paulo Orosio. O resto, diferentes materiais que apoian aquel reino, a cidade e os seus reis.