Iniciativa polo Couto Misto 🗝🗝🗝 Profile picture
Plataforma veciñal que defende e divulga o futuro da Raia Seca, a súa cultura, os seus dereitos e os seus intereses, co corazón posto no Couto Misto.

Jan 27, 2022, 6 tweets

AS INSTITUCIÓNS DO COUTO MIXTO |
1. O xuíz-presidente
2. Os tres Homes de Acordo
3. O concello das tres aldeas
4. O vigairo do mes

O Couto Mixto, pertenciase a si mesmo, e os seus veciños decidiron dotarse de autonomía organizativa para convivir pacíficamente a través de 4 institucións, que recollían a estructura de poder que rexiron os destinos deste país montano, durante séculos. Como en Aran e Andorra. 👇🏻

O XUÍZ PRESIDENTE, agrupaba na súa figura os papeis de representante do Couto Mixto fronte as autoridades españolas e portuguesas, concentraba poderes executivos e xudiciais (en materia civil) sempre observante do criterio do Concello de Aldeas e dos foros e leis.

OS TRES HOMES DE ACORDO | Encargabanse de representar a súa aldea fronte ao Xuíz-Presidente e o Concello de Aldeas, facían funcións executivas para os asuntos locais e eran os gardiáns de cada unha das tres chaves que abría a Arca dos Privilexios. Onde se gardaban os foros.

CONCELLO DE ALDEAS | organo parlamentar onde se xuntaban os representantes das tres aldeas, dous por cada unha, mais os tres Homes de Acordo e o Xuíz. Todos eran eleitos entre os cabeza de familia por sufraxio unifamiliar. E reuníase con frecuencia no adro da Igrexa de Santiago👇🏻

O VIGAIRO DE MES | Era un posto designado polo Concello de Aldeas para asegurarse do cumprimento das decisións do organo, o posto tiña caracter rotativo e mesturaba competencias de mensaxeiro coas de correxidor ou emisario do Xuíz-Presidente.

Share this Scrolly Tale with your friends.

A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.

Keep scrolling