Se cadra non saibas que o Parlamento de Galicia ten superpoderes que só se activan en momentos de especial gravidade para o país.
Un dos máis destacados é o poder de DETER o TEMPO. 👇
O 23 de xuño de 1982 foi un deses días.
O Pazo de Xelmírez, a sede provisional do Parlamento, vivía un día turbulento. Debía aprobar a cidade na que estarían asentadas as institucións autonómicas. Saltaba aquí unha das tensións endémicas da Galicia moderna: a capitalidade.
O bando coruñés, encabezado por Francisco Vázquez, remexíase coma un gato co bandullo para riba ante o feito de que Santiago concentrara o poder autonómico. O pleno comezou ás 11 da mañá e foi turbulento, con moito teatro, paroxismo e enfrontamentos.
Sen dúbida era unha das sesións máis difíciles da autonomía. A Coruña xa ameazara con escindirse da comunidade autónoma e puña todo tipo de problemas. A sesión eternizouse ata chegar case ás 12 da noite e a votación seguía sen se producir.
Nese momento, tomouse a decisión: había que PARAR O TEMPO. A lei debía aprobarse no mesmo día no que era debatida. A Cámara de representantes tiña un reloxo para regular o funcionamento e ordenouse detelo.
A sesión rematou ás DÚAS e MEDIA da mañá, con algúns puntos aínda pendentes, pero o presidente dixo que xa estaba ben de facer o indio.
Santiago convertíase na sede das principais institucións autonómicas.
Pero non sería capital formal ata 20 anos despois, en 2002.
Lin esta anécodta do Parlamento en dúas fontes distintas, así que lle asigno moita veracidade. Pero no Diario de Sesións reflíctese correctamente que rematou ás 02.30 do día 24 de xuño e que o Presidente botou man do articulado que permite a prórroga das sesións...
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.