Sabedes que dende @Couto_Mixto temos reivindicado as múltiples semellanzas entre a @Val_dAran e o @Couto_Mixto, mais hai unha diferenza fundamental que vos explicamos neste fío! 👇🏻
Até mediados do século XVI as evidencias apuntan que a soberanía do Couto Mixto estivo desputada polos Condes de Lemos e os Duques de Bragança. Conflictos que acadan o cumio da tensión en 1517 coa destrucción de Pena e unha serie de conflictos no Val do Salas 👇🏻
Algúns historiadores apuntan que é a partir desa data que as coroas castelá e portuguesa aceptan darlle soberanía aos mixtos pra organizarse e escoller aos seus propios gobernantes. Estatus que é cercenado contra-iure en 1864, polo que se liquida todo o dereito foral propio 👇🏻
Os mesmos conflictos experimentáronse nos purenaicos vales de Arán, onde os Condes de Cominges (Francia) e os Reis de Aragón, se diaputaron a soberanía aranesa. Intervindo o papa Bonifacio VIIII, e determinando que serian as propias familias aranesas as que decidirían.👇🏻
Os araneses optan 1313 por facer parte da Coroa Aragonesa, e o rei Xaime II (Jaume II) recoñece os foros araneses, coñecidos como "Era Querimònia", onde se recollen os dereitos, institucións, usos e costumes de Arán. Hoxe en boa medida seguen vixentes. 👇🏻
Os dereitos, institucións, usos e costumes do Couto, foron suapendidos por un tratado de fronteiras operante sobre un territorio que non era español nin portugués. Suapendendo dereitos históricos, recoñecidos previamente sen contar coa opinión dos Mixtos.
Nas fotografías anteriores, Carlos I de Castela e Manuel I de Portugal, monarcas que ratificaron o estatus do Couto con motivo dos conflictos acaecidos entre 1512 e 1517 e recollidoa na documentación gardada na Torre do Tombo en Lisboa.
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.