Sabedes que dende @Couto_Mixto temos reivindicado as múltiples semellanzas entre a @Val_dAran e o @Couto_Mixto, mais hai unha diferenza fundamental que vos explicamos neste fío! 👇🏻
Até mediados do século XVI as evidencias apuntan que a soberanía do Couto Mixto estivo desputada polos Condes de Lemos e os Duques de Bragança. Conflictos que acadan o cumio da tensión en 1517 coa destrucción de Pena e unha serie de conflictos no Val do Salas 👇🏻
Algúns historiadores apuntan que é a partir desa data que as coroas castelá e portuguesa aceptan darlle soberanía aos mixtos pra organizarse e escoller aos seus propios gobernantes. Estatus que é cercenado contra-iure en 1864, polo que se liquida todo o dereito foral propio 👇🏻
Os mesmos conflictos experimentáronse nos purenaicos vales de Arán, onde os Condes de Cominges (Francia) e os Reis de Aragón, se diaputaron a soberanía aranesa. Intervindo o papa Bonifacio VIIII, e determinando que serian as propias familias aranesas as que decidirían.👇🏻
Os araneses optan 1313 por facer parte da Coroa Aragonesa, e o rei Xaime II (Jaume II) recoñece os foros araneses, coñecidos como "Era Querimònia", onde se recollen os dereitos, institucións, usos e costumes de Arán. Hoxe en boa medida seguen vixentes. 👇🏻
Os dereitos, institucións, usos e costumes do Couto, foron suapendidos por un tratado de fronteiras operante sobre un territorio que non era español nin portugués. Suapendendo dereitos históricos, recoñecidos previamente sen contar coa opinión dos Mixtos.
Nas fotografías anteriores, Carlos I de Castela e Manuel I de Portugal, monarcas que ratificaron o estatus do Couto con motivo dos conflictos acaecidos entre 1512 e 1517 e recollidoa na documentación gardada na Torre do Tombo en Lisboa.
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh
No Couto Mixto a cada un dos alcaldes das tres aldeas coñeciaselle antes de 1864 como Homes de Acordo, existían dous por Aldea, e representaban aos seus veciños no Concello de Homes de Acordo que se reunía no Adro da Igrexa de Santiago dos Mixtos.
Xunto aos Homes de Acordo, facían parte do Concello das tres aldeas, organo lexislativo e de decisión encargado de velar polo cumplimento dos foros e concordias; dous "Homes Bos" e un "Vigairo de Mes" xunto ao Xuíz civil e gubernativo do Couto.👇🏻
Os chamados "Homes Bos" eran unha sorte de deputados ou representantes de cada aldea, eleitos polos cabeza de familia ao igual que o Xuíz e os Homes de Acordo. E de entre os que posteriormente eran eleitos os Homes de Acordo e o Xuíz. 👇🏻
Hoxe imos a contarnos a historia dunha #masacre acontecida hai 500 anos no Couto Mixto. A DESTRUCCIÓN DA ALDEA DE PENA. 🧶 fío 👇🏻
Cando naceu Portugal, os reis portugueses acordaron coa coroa Galego-Leonesa unhas fronteiras imprecisas, determinadas máis pola capacidade dos señores de mater o dominio sobre as terras, que dun concepto moderno de fronteira. O poder era máis persoal que institucional.👇🏻
No Val do Salas o poder era exercido polo meiriño so Val do Salas, e no Barroso portugués, polos alcaides de Montealegre e a Piconha. As terras do Couto Mixto permaneceron nunha soberanía imprecisa, entre os señores de Bragança e Monterrei, até comezos do século XVI.👇🏻
AS INSTITUCIÓNS DO COUTO MIXTO | 1. O xuíz-presidente 2. Os tres Homes de Acordo 3. O concello das tres aldeas 4. O vigairo do mes
O Couto Mixto, pertenciase a si mesmo, e os seus veciños decidiron dotarse de autonomía organizativa para convivir pacíficamente a través de 4 institucións, que recollían a estructura de poder que rexiron os destinos deste país montano, durante séculos. Como en Aran e Andorra. 👇🏻
O XUÍZ PRESIDENTE, agrupaba na súa figura os papeis de representante do Couto Mixto fronte as autoridades españolas e portuguesas, concentraba poderes executivos e xudiciais (en materia civil) sempre observante do criterio do Concello de Aldeas e dos foros e leis.
Hoxe imos a facer un fío coa lenda que os veciños de maior idade do Couto aínda recordan en boca dos seus avós, coa que lles explicaban as orixes do Couto Mixto. #Fío#CoutoMixto#Memoria#Lenda 👇🏻
Hai centos e centos de anos no Val do Salas había catro aldeas, Santiago, Rubiás, Meaus e Pena. As catro aldeas vivían en paz, da agricultura e da gando. A fartura era pouca e os trafegos moitos. Os veciños vivían alleos das loitas e dos conflictos dos señores e da nobreza...👇🏻
Un día, coma calquera outro as mulleres de Santiago que volvían de traballar, viron chegar polo camiño que baixa da Serra da Pena a unha mulleriña preñada, mollada e chea de frío, branca como a neve e a piques de desfalecer. Prestas correron a socorrela...👇🏻