Hoxe imos a contarnos a historia dunha #masacre acontecida hai 500 anos no Couto Mixto. A DESTRUCCIÓN DA ALDEA DE PENA. 🧶 fío 👇🏻
Cando naceu Portugal, os reis portugueses acordaron coa coroa Galego-Leonesa unhas fronteiras imprecisas, determinadas máis pola capacidade dos señores de mater o dominio sobre as terras, que dun concepto moderno de fronteira. O poder era máis persoal que institucional.👇🏻
No Val do Salas o poder era exercido polo meiriño so Val do Salas, e no Barroso portugués, polos alcaides de Montealegre e a Piconha. As terras do Couto Mixto permaneceron nunha soberanía imprecisa, entre os señores de Bragança e Monterrei, até comezos do século XVI.👇🏻
4 aldeas que aos poucos foron, a partir dos foros outorgados no periodo da reconquista, conformando unha auto-organización política protexidos ao amparo da Serra de Pena. Santiago, Rubiás, Meaus e Pena. Foi precisamente cando a envexa e o egoismo se desencadeou👇🏻
O Meiriño do Salas, Pero Sival da banda Galega, e o Alcaide de Montalegre Lançarote Gonçalves, e tamén o alcaide da Piconha Antonio de Araujo polo lado portugués, arelaban cobrar impostos e impor servidumes e vasalaxe as catro aldeas mixtas, o que desencadeou todo!👇🏻
Aliados os alcaides lusos (segundo contan os documentos gardados na lisboeta torre do tombo) atacaron e destruiron a vivenda do Meirinho galego Pero Sival, co motivo de tensar o ambiente e xerar unha situación de conflicto na zona. 👇🏻
Descoñecemos as accións emprendidas polo señor do Salas (Galego), pero o que si coñecemos son as acusacións que os portugueses fan contra el, xustificando a acción como unha represalia en defensa das aldeas mixtas, logo de que o meiriño atacara previamente a vila de Santiago 👇🏻
Em plena escalada conflictiva o alcaide da Picoña quixo levar a guerra un paso máis alá e planificou a destrucción dunha das aldeas co motivo de amedrentar definitivamente a mixtos e galegos. Para elo serviuse da axuda do seu colega de Montalegre e de veciños de Rubiás 👇🏻
Conta a tradición que mentres os mixtos de Pena estaban durmindo (algunhas tradicións orais din que na misa), os mercenarios de Rubiás (movidos pola promesa de quedar coas terras e vacas de Pena), e os soldados da Piconha, prenderonlle lume a aldea xerando mortes e devastación.👇🏻
A barbaridade das accións do alcaide luso Antonio de Araujo, fixo intervir as coroas portuguesa e galaicoleonesa, que vendo a avaricia dos señores feudais, ratificaron e melloraron o foro e independencia dos mixtos, véndose reforzadas as súas leis, privilexios, usos e costumes.👇🏻
Aínda que os mixtos gozaron do beneplacito dos monarcas para reconstruir Pena, os seus veciños sobrevivintes, decidiron abandoar o lugar fatídico, onde as súas vidas foran sepultadas polas chamas. Contan fontes orais que se instalaron en Santiago dos Mixtos, en Cerdedo e Xermeade
Unha historia que agora recuperamos grazas a memoria e a arqueoloxía. Un testemuño de que os pobos privilexiados tamén tiveron que loitar para preservar a súa liberdade durante séculos. Coa continua ameaza do egoismo e a avaricia enriba.
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.