Kinocube Profile picture
Bitácora de reflexión sobre cinema.

Mar 27, 2022, 6 tweets

Esta noite outórganse os #Oscars ! Tedes pensado ver a gala?

Mentres, aquí está o derradeiro fío de filmes nominados, desta vez ó mellor filme internacional! 🌍🌏🌎

👇

🎞️Verdens verste menneske (A peor persoa do mundo, Joachim Trier, 2021)

Catro anos na vida de Julie, un desastre tanto na súa vida amorosa como na profesional, contada en doce capítulos.

#TheWorstPersonInTheWorld
#VerdensVersteMenneske

🎞️Lunana: A Yak in the Classroom (Pawo Choyning Dorji, 2019)

Ugyen, un mestre de escola no seu último ano de prácticas, ten que ir dar clase á vila de Lunana, no norte de Bután, un lugar apartado e frío. 🐃

#LunanaAYakInTheClassroom

🎞️É stata la mano di Dio (Paolo Sorrentino, 2021)

Un filme autobiográfico sobre a xuventude do autor na Nápoles dos anos 80, a súa madurez, o cinema, a grande traxedia que marca a súa vida, e a chegada de Maradona ao Nápoles. ⚽️

#ÉStataLaManoDiDio
#TheHandOfGod

🎞️Flee (Jonas Poher Rasmussen, 2021)

De absoluta actualidade, o relato da vida dun refuxiado a través da lente do documental e mais da animación. Si, tamén está nominado a mellor filme internacional.

#Flee

🎞️Drive my car /ドライブ・マイ・カー (Ryūsuke Hamaguchi, 2021)

Baseada nun relato curto de #HarukiMurakami e das máis laureadas pola crítica. 🚗

#DriveMyCar
#ドライブ・マイ・カー

Share this Scrolly Tale with your friends.

A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.

Keep scrolling