Hmmm aí hai moito talento, si. O orde pouco importa, máis...
...podemos engadir algunha máis, non si?
*Dado que o tuit orixinal considera o cinema silente dentro da Idade Dourada de Hollywood, nós tamén o consideraremos así.
Dentro fío!
Anna May Wong/Wong Liu-tsong (1905-1961)
🎞️Shanghai Express (Josef von Sternberg)
Foi a primeira muller asiática en protagonizar un filme en Hollywood. Foi capaz de transcender os roles estereotípicos que o cinema clásico lle reservaba.
Joséphine Baker (1906-1975)
🎞️Zouzou (Marc Allégret, 1934)
As "primeiras veces" que protagonizou esta actriz multidisciplinar non caben nun só tuit. A miúdo sexualizada polo exótico, non quitou que fora unha muller independente e de firmes ideais.
Jane Darwell (1879-1967)
🎞️The Grapes of Wrath (John Ford, 1940)
Foi máis coñecida xa na súa madurez, con cincuenta anos, provinte do teatro, cando deu os seus roles máis memorables. Unha das mellores actrices da súa época.
Hattie McDaniel (1895-1952)
🎞️Gone with the wind (Victor Fleming, 1939)
A primeira persoa afroamericana en gañar un #Oscar, aínda que non lle deixaron recollelo. Aparte do obvio, foi unha grande actriz cómica na súa época.
Fredi Washington (1903-1994)
🎞️Imitation of Life (John M. Stahl, 1934)
Aínda que puidera "pasar" por branca, nunca renegou da súa orixe afroamericana. Retirouse do cinema pouco despois do seu rol máis coñecido para adicarse á loita polos dereitos civís.
Katy Jurado (1924-2002)
🎞️High Noon (Fred Zinnemann, 1952)
Loitou contra o estereotipo de latina do Hollywood da época, que até o momento só as sexualizaba, como á tamén lembrada Dolores del Río. E aínda lles queda moito por aprender, incluso hoxe... 👇
Que teñen en común, para non aparecer na lista? Creo que é doado atopar o nesgo, non si? Quizabes deberiamos considerar que non é (nin foi) sempre necesario ser bela, caucásica ou nova para ser unha enorme actriz. 👇
*Poderiamos tamén engadir boas actrices belas, caucásicas e novas que, por seren menos coñecidas, non terían por que faltar na lista orixinal, como Maureen O'Hara (enorme nos filmes de John Ford). 👇
Pásalle isto mesmo aos actores de xénero masculino? Non a miúdo 😅 Ninguén dubida que Peter Lorre fose un bo actor*
*antes de que nos vaiades á iugular, falo de beleza canónica. Que despois, cada un ten os seus gustos! 👇
Ficaron moitas no noso tinteiro por non traballar especificamente en Hollywood, como Setsuko Hara, que traballou con xente como Yasujiro Ozu ou Akira Kurosawa. 👇
E a vós que vos parece? Engadiriades algunha entrada a esta lista? 📝
Queredes que faga unha lista como esta con actores do Hollywood Clásico?
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.