Antón Cribeiro Profile picture
Interesado na restauración natural, biodiversidade, cambio climático e bioloxía en xeral. Opinións persoais.

Jun 8, 2023, 13 tweets

Meet Timon 🦎😍. Timon é un lagarto arnal que vive no parque de Bens na #Coruña. Anda moi preocupado porque adoitan desovar en xullo, de 5 a 20 ovos, e chegoulle a desacougante nova de que os humanos van a facer nese mes un macrofestival atronador alí. 🧵 RT 🙏🏼 por favor 😍👇🏼

Son os saurios máis grandes de europa. Endemismo da península ibérica. Tamén andan preocupadas as poboacións residentes da lagarta galega. Puiden facer as fotos a Timon e á lagarta, pero axiña se agocharon. Non queren saber nada de nós. Cerebros reptilianos, si, tontos, non👇🏼

Viven aquí, sobre todo, na parte non axardinada do parque de Bens, nesas pedras, na outra #Coruña, verde natural👇🏼

Outras 300 especies viven no parque. E dende alí, abonda virar a vista cara o mar e vemos, moi preto, o espazo protexido das illas de San Pedro, onde tamén viven especies, neste caso, vulnerables por lei, e mesmo incluidas no libro vermello de aves de @SEO_BirdLife 👇🏼

Velaquí tedes o corvo mariño cristado e a gaivota patiamarela, que viven e ese reproducen nas illas de San Pedro, espazo natural protexido por lei (ENIL) na #Coruña 👇🏼

Por iso, o plan de acción en materia de ruido do concello da #Coruña define o parque de Bens como zona tranquila de aglomeracións e dalle protección acústica 👇🏼

Conteille coa mirada a Timón (Lacerta lepida), que segundo o medios andan argallando un macrofestival dentro dun mes. Dinlle detalles que andan espaldos pola RRSS. Fuxíu. 👇🏼

Este é o cartel que circula por internet. Figuran os logos do @ConcelloCoruna e da @Xunta. Nada dixeron, queeu seipa. Pon “parque de Bens, A #Coruña”. Para que Timon se fixera unha idea, púxenlle un video de fonte directa dos promotores nas RRSS. O que segue 👇🏼

Para decatarse da magnitude en decibelios do “ evento” recomendo poñer auriculares e darlle volume, non moito, por protección acústica 🤯

Expliqueille a Timon que aínda abrigo a remota esperanza de que sexa un farol, fake-new, e que se o fan, busquen un sitio urbano. Que non teño nada en contra do ocio nin dos festivais, feitos onde teñan sentido, se hai sitios axeitados. Este, dende logo, non o é.

Timon xa non estaba. Por se escoitaba díxenlle que seguramente agora que pasaron as eleccións voltará o #sentidiño, e os partidos, ecoloxistas e cidadanía impedirán esta aldraxe ecolóxica insensata. O que non lle dixen é que non teño fé ningunha. Non me atrevín. Infinita tristeza

Please @UnrollThread thank you.

Please @threadreaderapp unroll. Thank you.

Share this Scrolly Tale with your friends.

A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.

Keep scrolling