Meet Timon 🦎😍. Timon é un lagarto arnal que vive no parque de Bens na #Coruña. Anda moi preocupado porque adoitan desovar en xullo, de 5 a 20 ovos, e chegoulle a desacougante nova de que os humanos van a facer nese mes un macrofestival atronador alí. 🧵 RT 🙏🏼 por favor 😍👇🏼
Son os saurios máis grandes de europa. Endemismo da península ibérica. Tamén andan preocupadas as poboacións residentes da lagarta galega. Puiden facer as fotos a Timon e á lagarta, pero axiña se agocharon. Non queren saber nada de nós. Cerebros reptilianos, si, tontos, non👇🏼
Viven aquí, sobre todo, na parte non axardinada do parque de Bens, nesas pedras, na outra #Coruña, verde natural👇🏼
Outras 300 especies viven no parque. E dende alí, abonda virar a vista cara o mar e vemos, moi preto, o espazo protexido das illas de San Pedro, onde tamén viven especies, neste caso, vulnerables por lei, e mesmo incluidas no libro vermello de aves de @SEO_BirdLife 👇🏼
Velaquí tedes o corvo mariño cristado e a gaivota patiamarela, que viven e ese reproducen nas illas de San Pedro, espazo natural protexido por lei (ENIL) na #Coruña 👇🏼
Por iso, o plan de acción en materia de ruido do concello da #Coruña define o parque de Bens como zona tranquila de aglomeracións e dalle protección acústica 👇🏼
Conteille coa mirada a Timón (Lacerta lepida), que segundo o medios andan argallando un macrofestival dentro dun mes. Dinlle detalles que andan espaldos pola RRSS. Fuxíu. 👇🏼
Este é o cartel que circula por internet. Figuran os logos do @ConcelloCoruna e da @Xunta. Nada dixeron, queeu seipa. Pon “parque de Bens, A #Coruña”. Para que Timon se fixera unha idea, púxenlle un video de fonte directa dos promotores nas RRSS. O que segue 👇🏼
Para decatarse da magnitude en decibelios do “ evento” recomendo poñer auriculares e darlle volume, non moito, por protección acústica 🤯
Expliqueille a Timon que aínda abrigo a remota esperanza de que sexa un farol, fake-new, e que se o fan, busquen un sitio urbano. Que non teño nada en contra do ocio nin dos festivais, feitos onde teñan sentido, se hai sitios axeitados. Este, dende logo, non o é.
Timon xa non estaba. Por se escoitaba díxenlle que seguramente agora que pasaron as eleccións voltará o #sentidiño, e os partidos, ecoloxistas e cidadanía impedirán esta aldraxe ecolóxica insensata. O que non lle dixen é que non teño fé ningunha. Non me atrevín. Infinita tristeza
FIO aclaratorio‼️ Di @gonzalotrenor xefe de algo político na @Xunta sobre os xabaríns (jabalíes ;) na #Coruña: "Era un riesgo inasumible y como estaban en un territorio de la Xunta de Galicia, con competencias nuestras, lo que hicimos fue intervenir". 🤔 Vai fío 🧵 👇🏼
O sr @gonzalotrenor chegou a Someso cando todo estaba perimetrado e organizado. Iso si, a tempo para as preceptivas fotos e dar discursos ao chou na prensa. Vai o primeiro zasca 👇🏼Foto: @idealgallego
Di @gonzalotrenor que como os “jabalíes” estaban en “territorio” da @Xunta actuaron en dúas horas. Entón, onde estaban cando a @Policia_Coruna avisou o 28 de setembro‼️😳 que estaban dentro do IES de Elviña, na #Coruña. Entón, por qué non fixeron NADA?… fai mes e medio diso.
Hoxe é nova nos medios a dragaxe da ría do Burgo, porque foron políticos a facer fotos. O xoves pasado tirei esta foto, navegando cargada de lodos de "toxicidade media", (supostamte) contra vento e marea, para verter a só 2 millas ao NW da #Coruña. Vexamos... Mini-fío 👇
1/7. Cómpre ter presente que o punto da vertedura, caladoiro chamado “Miño” (8º25’00”W 43º25’37”N), se atopa a pouco máis de dúas millas ao norte da cidade da #Coruña...👇
2/7. Unha vez que vertan os lodos, non son pelouros que afundan en minutos. É sedimento, graxas e hidrocarburos que estarán -indiciariamente- bastante tempo na columna de agua ou mesmo flotando... 👇