My Authors
Read all threads
Como moitos de vós saberedes son descendente de mixtos (6 dos meus tataravós foron cidadáns do Couto Mixto, extinto en 1868).
Moitos de vós preguntaredesvos que é iso.
O Couto Mixto é coñecido por moitos historiadores como a Andorra galega, e abofé que tivo moito en común.
Entre outras peculiaridades compre salientar que os cidadáns practicaban o librecomercio cos veciños galegos e portugueses, practicando o libre cambio e sen ter que pagar impostos de ningunha forma. #CoutoMixto
O cultivo predominante no Couto ate 1868 foi o tabaco ademais da agricultura de subsistencia. Este foi obxecto de saqueo por parte da aristocracia galega e portuguesa como lembra Delfín Modesto Brandón, ultimo xefe de goberno do Couto nas súas memorias.
O sistema político do Couto era peculiar a un tempo que sinxelo. A xefatura do goberno exerciaa unha sorte de maxistrado electivo, "O xuiz" que tiña poder executivo e xudicial. #CoutoMixto
Este xuiz era eleito para un periodo de dous anos polos veciños das tres aldeas que compuñan o Couto reunidos en concello. O sufraxio era familiar e masculino, votando o cabeza de familia a man alzada polo candidato preferido no caso de presentarse máis de un para o cargo.
Sabemos que o último Xuiz do Couto Mixto Don Delfín Modesto Brandón tiña raices bracarenses e que coñecía ben a lexislación e tradicións do Couto.
Boa parte da documentación histórica perdeuse cando en 1809 os franceses arrasaron o Couto na sua campaña polo sureste galego.
Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh.

Enjoying this thread?

Keep Current with Serxio María 🛰🇪🇺

Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

Twitter may remove this content at anytime, convert it as a PDF, save and print for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video

1) Follow Thread Reader App on Twitter so you can easily mention us!

2) Go to a Twitter thread (series of Tweets by the same owner) and mention us with a keyword "unroll" @threadreaderapp unroll

You can practice here first or read more on our help page!

Follow Us on Twitter!

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3.00/month or $30.00/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!