Politólogo facendo Historia Política Contemporánea | Estudei Ciencias Políticas e Dereito na USC | Creo que o interior galego ten futuro | Son do Couto Misto
Feb 21, 2022 • 19 tweets • 9 min read
Hoxe vai o fío prometido sobre a #RupturaDeUCD. Que de seguro nos axudará a entender as similitudes e diferenzas coa crise do PP👇🏻🧶
A UCD non foi nunca un partido a diferenza do PP, que é a evolución unitaria de AP. A UCD nace dunha sorte de acordo entre a oposición de centro-dereita ao réxime Franquista (oposición moderada) e os sectores menos ideoloxizadoa e reformistas do réxime Franquista.
Jul 30, 2020 • 24 tweets • 9 min read
Logo da enquisa na que votastes maioritariamente por un fío específico adicado á figura de VICENTE RISCO, velaquí o tedes 👇🏻
A importancia da figura de Vicente Risco atopámola na expresión que durante moito tempo se utilizou para denominar á xeración Nós, como xeración Risco. E efectivamenteRisco foi o motor intelectual do primeiro nacionalismo, da xercaión Nós e promotor da revista Nós 👇🏻
May 5, 2020 • 6 tweets • 2 min read
Como moitos de vós saberedes son descendente de mixtos (6 dos meus tataravós foron cidadáns do Couto Mixto, extinto en 1868).
Moitos de vós preguntaredesvos que é iso.
O Couto Mixto é coñecido por moitos historiadores como a Andorra galega, e abofé que tivo moito en común.
Entre outras peculiaridades compre salientar que os cidadáns practicaban o librecomercio cos veciños galegos e portugueses, practicando o libre cambio e sen ter que pagar impostos de ningunha forma. #CoutoMixto