🧶Inmersión/lingua vehicular🤿, que di a lexislación a a xurisprudencia constitucional?.
✔️a educación debe garantir a plena competencia nas 2 linguas
✔️é competencia autonómica regular como se consigue
✔️non é unha cuestión de equilibrio horario
✔️as 2 deben estar presentes
Que NON garante a xurisprudencia constitucional
❌dereito de opción lingüística para as familias
❌substitución polo Estado das competencias educativas autonómicas
❌porcentaxes de docencia concretas en castelán
❌financiamento de ensino alternativo privado
A que se lle chama lingua vehicular? Nin a lexislación, nin o TC teñen concretado que significa con parámetros concretos (porcentaxes, materias...). O TC si que ten establecido algunhas pautas interpretativas que non poderá obviar a lexislación autonómica e estatal👇.
-Que se defina á lingua cooficial como de uso "normal" no proceso educativo sen mención do castelán NON é inconstitucional. Non quere dicir "única", nin menoscaba os dereitos das familias a o uso do castelán (ex. solicitar as comunicacións escolares en castelán).
-Que o castelán deba ser tamén vehicular non implica que teña que ser a lingua docente para todo o alumnado. Tamén caben apoios persoais, medidas individualizadas.
-Non é tampouco unha cuestión de equilibrio horario. Debe garantirse que o sistema garanta a plena competencia. Pode conseguirse con distintas porcentaxes de presenza e iso tamén dependerá da situación sociolingüística que corresponde valorar ás autoridades educativas.
-Que non se mencione o castelán no Estatut como lingua vehicular (ergo que tampouco se mencione na lei catalan de Educación) non pode entenderse como unha exclusión. É lexítimo que o CENTRO DE GRAVEDADE no catalán, sempre e cando non exclua o castelán (STC 31/2010, Estatut).
-A xurisdicción ordinaria pode facer control de legalidade, pero non "exercicio dunha competencia autonómica por substitución" nin polo Estado, nin polos tribunais. É inconstitucional (STC 14/2018) a subvención en centros privados da lei Wert para eludir a inmersión.
Por outra parte, o Tribunal Supremo NON PODE FIXAR AS PORCENTAXES DE USO DO CASTELÁN NA EDUCACIÓN. Os tribunais non lexislan. O TS tan só resolve sobre unha ducia de DEMANDAS DE FAMILIAS CONCRETAS recoñecéndolles un dº a que PARA OS SEUS FILLOS/AS o castelán represente o 25%
STS 1670/2015: "que la Administración educativa haya aceptado un porcentaje superior al veinticinco por ciento en relación con un determinado centro docente no implica que haya asumido que ese mismo porcentaje deba aplicarse siempre y en todos los supuestos"
Ademáis cando no mandado de Aznar ESP ratifica por unanimidade do Congreso a Carta Europea das linguas rexionais no seu nivel máis alto comprométese a GARANTIR INMERSIÓN EN TODAS AS CCAA CON LINGUAS COOFICIAIS. Pode ser para todos (CAT) ou a elección (EUSK). Non vale VAL, GAL...
Os tratados internacionais son normas "blindadas" no sentido de q non son modificables polo lexislador interno. Cando España ratifica eses compromisos ten a obriga de garantir o cumprimento. Todo o q se aparte de q todas as familias que o pidan teñan inmersión é incumprir a CELRM
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh