Que che controlen as túas horas de conexión en redes sociais é violencia.
Que non che deixen falar con x persoa por celos é violencia.
Que intenten cambiar a túa personalidade porque es "demasiado sociable" é violencia.
Que che fagan sentir culpable de que outras persoas pensen que es atractive é violencia.
Que che obriguen a ensinar as túas conversas de whatsapp é violencia.
Que che fagan luz de gas é violencia.
Que utilicen a chantaxe emocional para manipularche é violencia.
Que se burlen das túas opinións e forma de pensar é violencia.
Que che insulten durante as discusións é violencia.
Que se enfaden contigo e que che traten mal por levares x prenda de roupa é violencia.
Que ameacen son suicid4rs3 porque decidiches cortar a relación é violencia.
Que che ameacen con facerche dano a ti e/ou á túa familia é violencia.
Que che digan que se non che apetece ter sex0 é porque seguro que te estás deitando con outro (para que accedas) é violencia.
Que che ameacen con contar cousas que ti lle confiaches como segredo é violencia.
Que che ameacen con difundir nudes é violencia.
Que che afasten do teu círculo social e de amizades é violencia.
Que utilicen o castigo do silecio é violencia.
Que che fagan reforzo intermitente é violencia.
Se doe, se fai que a túa autoestima estea polo chan, se che obriga a ser unha persoa que non es, se resta... Non é amor.
Non intentedes ser psicólogues de ninguén, non tiredes case 2 anos das vosas vidas como fixen eu.
Se vos tratan así, non van cambiar por vós. Nunca.
Escoitade ás vosas amizades e á xente que vos quere, facédelle caso á vosa intuición cando salten as alarmas.
Merecedes ser felices. Merecedes amor e comprensión. Merecedes un amor digno e respetuoso.
Non vos conformedes con menos.
Vivir algo coma isto deixa moitas secuelas e custa moito recuperarse. E aínda así, tiven moita sorte. Moita. As miñas amizades e a miña familia nunca deixou de estar ao meu lado.
E tamén tiven "sorte" de que non fose a máis. Moita xente sufriu moito máis.
É importante saber que non imos estar soas, que podemos pedir axuda e que é normal precisala.
Coidádevos moito.