Sabedes que dende @Couto_Mixto temos reivindicado as múltiples semellanzas entre a @Val_dAran e o @Couto_Mixto, mais hai unha diferenza fundamental que vos explicamos neste fío! 👇🏻 ImageImage
Até mediados do século XVI as evidencias apuntan que a soberanía do Couto Mixto estivo desputada polos Condes de Lemos e os Duques de Bragança. Conflictos que acadan o cumio da tensión en 1517 coa destrucción de Pena e unha serie de conflictos no Val do Salas 👇🏻 Image
Algúns historiadores apuntan que é a partir desa data que as coroas castelá e portuguesa aceptan darlle soberanía aos mixtos pra organizarse e escoller aos seus propios gobernantes. Estatus que é cercenado contra-iure en 1864, polo que se liquida todo o dereito foral propio 👇🏻 Image
Os mesmos conflictos experimentáronse nos purenaicos vales de Arán, onde os Condes de Cominges (Francia) e os Reis de Aragón, se diaputaron a soberanía aranesa. Intervindo o papa Bonifacio VIIII, e determinando que serian as propias familias aranesas as que decidirían.👇🏻 Image
Os araneses optan 1313 por facer parte da Coroa Aragonesa, e o rei Xaime II (Jaume II) recoñece os foros araneses, coñecidos como "Era Querimònia", onde se recollen os dereitos, institucións, usos e costumes de Arán. Hoxe en boa medida seguen vixentes. 👇🏻 Image
Os dereitos, institucións, usos e costumes do Couto, foron suapendidos por un tratado de fronteiras operante sobre un territorio que non era español nin portugués. Suapendendo dereitos históricos, recoñecidos previamente sen contar coa opinión dos Mixtos. ImageImage
Nas fotografías anteriores, Carlos I de Castela e Manuel I de Portugal, monarcas que ratificaron o estatus do Couto con motivo dos conflictos acaecidos entre 1512 e 1517 e recollidoa na documentación gardada na Torre do Tombo en Lisboa.

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Iniciativa polo Couto Mixto 🗝

Iniciativa polo Couto Mixto 🗝 Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @Couto_Mixto

Feb 5
Hoxe imos a contarnos a historia dunha #masacre acontecida hai 500 anos no Couto Mixto. A DESTRUCCIÓN DA ALDEA DE PENA. 🧶 fío 👇🏻 Image
Cando naceu Portugal, os reis portugueses acordaron coa coroa Galego-Leonesa unhas fronteiras imprecisas, determinadas máis pola capacidade dos señores de mater o dominio sobre as terras, que dun concepto moderno de fronteira. O poder era máis persoal que institucional.👇🏻 Image
No Val do Salas o poder era exercido polo meiriño so Val do Salas, e no Barroso portugués, polos alcaides de Montealegre e a Piconha. As terras do Couto Mixto permaneceron nunha soberanía imprecisa, entre os señores de Bragança e Monterrei, até comezos do século XVI.👇🏻 Image
Read 12 tweets
Jan 27
AS INSTITUCIÓNS DO COUTO MIXTO |
1. O xuíz-presidente
2. Os tres Homes de Acordo
3. O concello das tres aldeas
4. O vigairo do mes Image
O Couto Mixto, pertenciase a si mesmo, e os seus veciños decidiron dotarse de autonomía organizativa para convivir pacíficamente a través de 4 institucións, que recollían a estructura de poder que rexiron os destinos deste país montano, durante séculos. Como en Aran e Andorra. 👇🏻
O XUÍZ PRESIDENTE, agrupaba na súa figura os papeis de representante do Couto Mixto fronte as autoridades españolas e portuguesas, concentraba poderes executivos e xudiciais (en materia civil) sempre observante do criterio do Concello de Aldeas e dos foros e leis. Image
Read 6 tweets
Aug 9, 2021
Hoxe imos a facer un fío coa lenda que os veciños de maior idade do Couto aínda recordan en boca dos seus avós, coa que lles explicaban as orixes do Couto Mixto. #Fío #CoutoMixto #Memoria #Lenda 👇🏻 Image
Hai centos e centos de anos no Val do Salas había catro aldeas, Santiago, Rubiás, Meaus e Pena. As catro aldeas vivían en paz, da agricultura e da gando. A fartura era pouca e os trafegos moitos. Os veciños vivían alleos das loitas e dos conflictos dos señores e da nobreza...👇🏻 Image
Un día, coma calquera outro as mulleres de Santiago que volvían de traballar, viron chegar polo camiño que baixa da Serra da Pena a unha mulleriña preñada, mollada e chea de frío, branca como a neve e a piques de desfalecer. Prestas correron a socorrela...👇🏻
Read 15 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Don't want to be a Premium member but still want to support us?

Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal

Or Donate anonymously using crypto!

Ethereum

0xfe58350B80634f60Fa6Dc149a72b4DFbc17D341E copy

Bitcoin

3ATGMxNzCUFzxpMCHL5sWSt4DVtS8UqXpi copy

Thank you for your support!

:(