Hoxe vai o fío prometido sobre a #RupturaDeUCD. Que de seguro nos axudará a entender as similitudes e diferenzas coa crise do PP👇🏻🧶
A UCD non foi nunca un partido a diferenza do PP, que é a evolución unitaria de AP. A UCD nace dunha sorte de acordo entre a oposición de centro-dereita ao réxime Franquista (oposición moderada) e os sectores menos ideoloxizadoa e reformistas do réxime Franquista.
O éxito de UCD débese en boa medida a capacidade de conxugar o carisma de Suarez coa imaxe dunha reforma política sen traumas non conflictos, njnha España no que o clima de tensión na rúa, aumentaba por días. As manifestacións de estudantes eran o día a día e ETA presionaba.
Naquela nova onda reformista, os líderes de UCD chegaron ao proceso de construcción desta ferramenta política, enmarcados baixo a etiqueta das principais ideoloxías que imperaban en Europa. Tratando de dotar a coalición dunha lexitimidade da que Suarez carecía.
Os cimentos da UCD construironse sobor do partido do alcalde franquista de Bilbao, agora reformista monárquico José María de Areilza e o experimentado político galego, Pío Cabanillas. Primeiro chamado Partido Popular e logo Centro Democrático incluindo outras pequenas formacións.
Estos pretendían facer carreira política, inspirados na idea proposta por Fraga e o grupo GODSA (no libro branco para a reforma democrática) no que se propuña a idea dunha dereita "centrada" que fose conductora do proceso de reforma, presevando certos rasgos do vello orde.
Suárez que nun inicio prometera ao seu círculo non concorrer aos primeiros comicios e só tutelar o proceso de reforma inicialmente. Viu a súa opción ao quentor da idea de "centro" e lanzouse a roubarlles o xoguete a Areilza, e as odeas a Fraga.
O león de Vilalba viuse desprazado á dereita, rodeado de dinosaurios do réxime, e xerifantes do Opus Dei, na súa vetusta Alianza Popular. Nunca chegaría a ter unha boa relación con Suárez.
Posteriormente sería o propio Areilza o que remataría coaligado coa AP de Fraga nas eleccións de 1979, na chamada Coalición Democrática.
Pola súa banda o xogo político na UCD articulouse non tanto en col de liderados personalistas, se non de familias políticas. A saber:
🧡 Social-Demócratas
💛 Liberais
💚 Demócrata Cristiáns
💙 Azuis (ex-membros do Mivemento Nacional)
🤎 Suaristas
💚 Os democrata cristiáns son claves na nosa historia. Case sempre capitaneados por Oscar Alzaga, foron protagonistas no desmantelamento da UCD. Sendo os primeiros en organizarse no Partido Demócrata Popular, que acabaría coaligado a AP de Fraga.
🧡 Aínda que simpatizantes de Suárez, especialmente na súa derradeira etapa a fronte da UCD e no Congreso de Palma, boa parte da culpa da ruptura cos democristiáns tena a coñecida como ala socialdemócrata da UCD, capitaneada por Francisco Fernández Ordóñez 👇🏻
Gran valedor da Lei do Divorcio dende as filas da UCD, desencadeou un conflicto coa ala máis conservadora e católica do partido. Este remataría coa creación do PAD de signo socialdemócrata moderado, e a súa inclusión no PSOE de Felipe González co que tamén sería ministro.
💙Os Azuis, exmembros do MN franquista, era a familia a que por natureza debía pertencer o propio Suárez. Pero da que sempre tratou de dostanciarse, polas connotacións tecnocráticas e filofranquistas que arrastraba. Unha das súas figuras icónicas: Rodolfo Martín Villa.
💛 Os liberais, trataban de ser homólogos ao movemento liberal europeo, capitaneados por Joaquín Garrigues Walker e agrupados na Federación de Partidos Demócratas y Liberales, serían os últimos en marchar da UCD, capitaneados polo seu irmán Antonio Garrigues.
🤎 Por últimos os Suaristas, leais a figura do presidente. Unha vez substituido por Landelino Lavilla a fronte da UCD, acompañarían a Suárez, na súa singlatura a fronte do CDS. Tratando de imitar o discurso e o programa dos social-demócratas da vella UCD.
Entre os suaristas destacan numerosos nomes que resonarían durante unha década máis na política española como Agustín Rodríguez Sahagún ou Rafael Calvo Ortega
Por último toca falar do sector máis numeroso da UCD, os cadros, alcaldes, concelleiros e milleiros cargos electos que o partido centrista tiña por toda España. Estes foronse moi maioritariamente a AP de Fraga e en menor medida a outros partidos.
Algúns deses partidos foron: o propio PSOE que logo tamén acollería a cadros do moribundo CDS especialmente en Galicia (Pachi Vázquez), Coalición Galega artuculada a partir da UCD galega e o PG. Coalición Canaria, UPN, Unió Valenciana, o Partido Aragonés ou CiU son algúns deles.
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh
Logo da enquisa na que votastes maioritariamente por un fío específico adicado á figura de VICENTE RISCO, velaquí o tedes 👇🏻
A importancia da figura de Vicente Risco atopámola na expresión que durante moito tempo se utilizou para denominar á xeración Nós, como xeración Risco. E efectivamenteRisco foi o motor intelectual do primeiro nacionalismo, da xercaión Nós e promotor da revista Nós 👇🏻
Twitter resulta un medio de todo inapropiado para tratar coa profundidade que se merece un autor e pensador da complexidade de Vicente Risco, victima da incomprensión de quen quere analizar a súa obra, ben sen coñecela ou ben descontextualizada. Tentarémolo aínda así 👇🏻
Como moitos de vós saberedes son descendente de mixtos (6 dos meus tataravós foron cidadáns do Couto Mixto, extinto en 1868).
Moitos de vós preguntaredesvos que é iso.
O Couto Mixto é coñecido por moitos historiadores como a Andorra galega, e abofé que tivo moito en común.
Entre outras peculiaridades compre salientar que os cidadáns practicaban o librecomercio cos veciños galegos e portugueses, practicando o libre cambio e sen ter que pagar impostos de ningunha forma. #CoutoMixto
O cultivo predominante no Couto ate 1868 foi o tabaco ademais da agricultura de subsistencia. Este foi obxecto de saqueo por parte da aristocracia galega e portuguesa como lembra Delfín Modesto Brandón, ultimo xefe de goberno do Couto nas súas memorias.