Dende #Kinocube facemos un chamamento á industria cultural galega para dobrar, subtitular, traducir e dar acceso en galego a todas estas obras mestras do cinema e da literatura. Que as nosas crianzas, a nosa rapazada e mais nós preservemos o galego depende tamén disto!
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh
En novembro de 2022 comezou a circular pola rede o último grande descubrimento cinematográfico: atopárase un filme de 1973 producido por Scorsese que se cría perdido: Goncharov.
Queredes saber todos os detalles desta historia?
Entón, seguídenos o fío... 👇
Os primeiros que tiveron a sorte de ver o filme emitiron o seu xuízo: tratábase dunha obra mestra, cecais a mellor historia de gangsters nunca contada, dirixida por un director case descoñecido ao acubillo de Scorsese.
Xa coñecemos a súa importante labor como produtor e dinamizador de grandes carreiras cinematográficas das marxes, así que non nos estraña nada a nova...
Morreu Jean-Luc Godard (1930-1922) e nós aquí dubidamos de se poñer algúns fotogramas dos seus mellores filmes ou a imaxe de Agnès Varda chamándoo "pelello de can" por non querer recibila na súa casa🤷
Separamos o autor da obra? Honramos a súa irreverencia? Rexeitamos as súas pretensións?
Como nota, a primeira curta que gravou a que aquí escribe foi inspirada en À bout de souffle (1960).
Se sodes tan frikis do cinema coma nós, non podedes perdervos #Ennio, de Giuseppe Tornatore. Até o xoves, podes vela en @numaxcoop!
A nós encantounos ❤️
Por iso quixemos facer unha lista de filmes para revisar antes de ver a película. (E así evitar spoilers!)
Acción! 🎬
🎞️Il federale (Luciano Salce, 1961)
O primeiro filme para o que Morricone compuxo a banda sonora.
🎞️Per un pugno di dollari (Sergio Leone, 1964)
🎞️Per qualche dollaro in più (Sergio Leone, 1965)
🎞️Il buono, il brutto, il cattivo (Sergio Leone, 1967)
A obrigada triloxía do dólar, que renovou a maneira de musicar filmes para sempre. O berro do coiote! 🦊
#Kinocube está de vacacións esta semana, mais non por iso deixamos de celebrar o #Orgullo
Queriamos centrarnos, por esta vez, na visibilidade bisexual no cinema. Atopámonos cun baleiro longo e unha manchea de problemas 😅
Explicámonos👇 (e si, tamén recomendacións de pelis!)
O baleiro é até máis ou menos 1960, cando chega a modernidade ao cinema, o amor libre, a revolución sexual... até ese momento, nós non atopamos exemplos de personaxes bisexuais no cinema.
Eh, non quere dicir que non haxa, senón que non os atopamos. Se sabedes dalgún, avisade!👇
A partir de 1960, chegan os ✨problemas✨. Para comezar, o estigma da bisexualidade de sempre: que bisexualidade e promiscuidade van da man. Nos anos 90 é especialmente chocante a cantidade de mulleres obxecto catalogadas como bisexuais no cinema 👇
Aquí tamén podemos engadir algunhas cousiñas. Encántanos que engadiran a Sidney Poitier! 😍 (Aínda que vexo que nalgúns comentarios ao chío orixinal non o consideran á altura. Nós non somos desa opinión) 👇
Antes de nada, ocórrensenos un lote de actores non-canonicamente-guapos-nin-novos de grande fama e talento na Idade Dourada: Emil Jannings, Lon Chaney, Charles Laughton, Wallace Beery, Peter Lorre, John Carradine...
Como diciamos onte, o nesgo non lles afecta igual.👇
Foi a primeira muller asiática en protagonizar un filme en Hollywood. Foi capaz de transcender os roles estereotípicos que o cinema clásico lle reservaba.
Joséphine Baker (1906-1975)
🎞️Zouzou (Marc Allégret, 1934)
As "primeiras veces" que protagonizou esta actriz multidisciplinar non caben nun só tuit. A miúdo sexualizada polo exótico, non quitou que fora unha muller independente e de firmes ideais.