📍 Hoxe ás 22.30 tes unha cita moi especial con #Kinocube. 😉
Se gostas do cinema, pásate polas nosas redes a descubrir o que queremos ofrecerche 🎬📽️
📢Difunde a nova!
Se non podes agardar e queres cousa chula sobre #cinema en galego, podes botarlle un ollo a estes artigos de #Kinocube.
Ademais, sonche unha boa pista do que podes agardar da sorpresa desta noite 😱
Dentro lista! 👇
#Kinocube22 - De cubas e bocois
Sobre o alcohol e o seu consumo na narrativa cinematográfica 🥂 bit.ly/3FWMtT4
#Kinocube26 - Luces da cidade
Sobre as cidades como espazo e como personaxe no cinema 🌃 bit.ly/3tCNw6M
#Kinocube27 - ...máis alta é a caída.
Sobre o arco narrativo de ascenso e caída dunha personaxe 🚀 bit.ly/3APRFG5
#Kinocube28 - O trono
Sobre o espazo físico (a cadeira) como metáfora dunha posición privilexiada (o poder) 🪑 bit.ly/3LDaMs4
#Kinocube29 - Lobo con pel de año
Sobre o contraste no vestiario de cinema (ou "as aparencias enganan") 👔 bit.ly/3tnps6m
#Kinocube30 - Terra de oportunidades
Sobre a temática das migracións ao longo da historia do cinema. 🚢🗽 bit.ly/3Jsc8UQ
#Kinocube32 - Bang, bang!
Sobre a arma de fogo como catalizadora do conflito na narrativa cinematográfica. 💥 bit.ly/3yql1vw
#KinocubeCineastas6 - A aventura da Modernidade
Raoul Walsh, William A. Wellman e Howard Hawks, os directores aventureiros do cinema clásico. 📽️ bit.ly/3E9qkjL
#KinocubeCineastas7 - O novo Hollywood: Parte I
Francis Ford Coppola, Brian de Palma e Martin Scorsese, os cineastas que mudaron a faciana de Hollywood. 🎥 bit.ly/3wK0nFI
E iso é todo! Lembrade, hoxe ás 22.30, gran premiere de #KinocubeCinema 🎬📽️
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh
En novembro de 2022 comezou a circular pola rede o último grande descubrimento cinematográfico: atopárase un filme de 1973 producido por Scorsese que se cría perdido: Goncharov.
Queredes saber todos os detalles desta historia?
Entón, seguídenos o fío... 👇
Os primeiros que tiveron a sorte de ver o filme emitiron o seu xuízo: tratábase dunha obra mestra, cecais a mellor historia de gangsters nunca contada, dirixida por un director case descoñecido ao acubillo de Scorsese.
Xa coñecemos a súa importante labor como produtor e dinamizador de grandes carreiras cinematográficas das marxes, así que non nos estraña nada a nova...
Morreu Jean-Luc Godard (1930-1922) e nós aquí dubidamos de se poñer algúns fotogramas dos seus mellores filmes ou a imaxe de Agnès Varda chamándoo "pelello de can" por non querer recibila na súa casa🤷
Separamos o autor da obra? Honramos a súa irreverencia? Rexeitamos as súas pretensións?
Como nota, a primeira curta que gravou a que aquí escribe foi inspirada en À bout de souffle (1960).
Se sodes tan frikis do cinema coma nós, non podedes perdervos #Ennio, de Giuseppe Tornatore. Até o xoves, podes vela en @numaxcoop!
A nós encantounos ❤️
Por iso quixemos facer unha lista de filmes para revisar antes de ver a película. (E así evitar spoilers!)
Acción! 🎬
🎞️Il federale (Luciano Salce, 1961)
O primeiro filme para o que Morricone compuxo a banda sonora.
🎞️Per un pugno di dollari (Sergio Leone, 1964)
🎞️Per qualche dollaro in più (Sergio Leone, 1965)
🎞️Il buono, il brutto, il cattivo (Sergio Leone, 1967)
A obrigada triloxía do dólar, que renovou a maneira de musicar filmes para sempre. O berro do coiote! 🦊
#Kinocube está de vacacións esta semana, mais non por iso deixamos de celebrar o #Orgullo
Queriamos centrarnos, por esta vez, na visibilidade bisexual no cinema. Atopámonos cun baleiro longo e unha manchea de problemas 😅
Explicámonos👇 (e si, tamén recomendacións de pelis!)
O baleiro é até máis ou menos 1960, cando chega a modernidade ao cinema, o amor libre, a revolución sexual... até ese momento, nós non atopamos exemplos de personaxes bisexuais no cinema.
Eh, non quere dicir que non haxa, senón que non os atopamos. Se sabedes dalgún, avisade!👇
A partir de 1960, chegan os ✨problemas✨. Para comezar, o estigma da bisexualidade de sempre: que bisexualidade e promiscuidade van da man. Nos anos 90 é especialmente chocante a cantidade de mulleres obxecto catalogadas como bisexuais no cinema 👇
Aquí tamén podemos engadir algunhas cousiñas. Encántanos que engadiran a Sidney Poitier! 😍 (Aínda que vexo que nalgúns comentarios ao chío orixinal non o consideran á altura. Nós non somos desa opinión) 👇
Antes de nada, ocórrensenos un lote de actores non-canonicamente-guapos-nin-novos de grande fama e talento na Idade Dourada: Emil Jannings, Lon Chaney, Charles Laughton, Wallace Beery, Peter Lorre, John Carradine...
Como diciamos onte, o nesgo non lles afecta igual.👇
Foi a primeira muller asiática en protagonizar un filme en Hollywood. Foi capaz de transcender os roles estereotípicos que o cinema clásico lle reservaba.
Joséphine Baker (1906-1975)
🎞️Zouzou (Marc Allégret, 1934)
As "primeiras veces" que protagonizou esta actriz multidisciplinar non caben nun só tuit. A miúdo sexualizada polo exótico, non quitou que fora unha muller independente e de firmes ideais.