#Kinocube está de vacacións esta semana, mais non por iso deixamos de celebrar o #Orgullo
Queriamos centrarnos, por esta vez, na visibilidade bisexual no cinema. Atopámonos cun baleiro longo e unha manchea de problemas 😅
Explicámonos👇 (e si, tamén recomendacións de pelis!)
O baleiro é até máis ou menos 1960, cando chega a modernidade ao cinema, o amor libre, a revolución sexual... até ese momento, nós non atopamos exemplos de personaxes bisexuais no cinema.
Eh, non quere dicir que non haxa, senón que non os atopamos. Se sabedes dalgún, avisade!👇
A partir de 1960, chegan os ✨problemas✨. Para comezar, o estigma da bisexualidade de sempre: que bisexualidade e promiscuidade van da man. Nos anos 90 é especialmente chocante a cantidade de mulleres obxecto catalogadas como bisexuais no cinema 👇
mulleres promíscuas que viven a súa bisexualidade para o desfrute da ollada masculina. Uf...
Fóra do tema hetero-normativo-que-objectifica, incluso entre as propostas máis underground (a revolución sexual aí está) existe esa relación entre bisexualidade e promiscuidade. 👇
Éche un estigma moi complicado de quitar, aínda hoxe en día.
👉Nota persoal: a min tamén me invalidaron a bisexualidade á cara dicindo que iso era de xente promíscua. Século XXI.
👇
Logo está outro tema problemático, que é a catalogación das personaxes bisexuais. Quen pon a etiqueta? Con que criterio? Debería de poñerse só respecto á súa orientación romántica ou sexual e a identidade da personaxe, como se define a sí mesmo, non si? 👇
Pois atopamos moitas personaxes, sobre todo de filmes do século pasado, que os catalogan como bisexuais por namorar dunha persoa do mesmo sexo cando teñen unha relación formal cunha persoa do sexo oposto... 👇
Se na relación heteronormativa hai amor e atracción sexual si, efectivamente, é moi probable que falemos dunha representación bisexual.
Pero se a relación formal (noviazgo, matrimonio) é imposta pola sociedade ou por calquera outra cousa externa? 👇
Aí é todo moi relativo 🤷 ao mellor estamos a tratar dunha personaxe gay ou lésbica que non puido saír do armario.
Outro exemplo de narrativa confusa é a da personaxe cis que se fai pasar por unha persoa do sexo oposto (un favorito de Shakespeare) e que... 👇
... é quen de atraer igualmente á persoa do sexo oposto á que ama, facéndoa "bisexual". (E ben, hai que dicir que esta narrativa está moi unida ao binarismo de xénero 😅) 👇
A partir de aí, e de outros tipos de problemática da representación de persoas LGBTIQA+ que non mencionei porque tampouco é isto un TFG/TFM nin nada diso... 👇
... ao mellor se comprende que a lista seguinte é moi relativa. Hai filmes que responden a unha boa representación, e hainos que... pois depende da maneira da que o vexas.
📝Así que adiante lista! 👇
🎞️The Rocky Horror Picture Show (Jim Sharman, 1975)
Outra vez bisexualidade e promiscuidade unidas? Revolución sexual? Maneiras novas de entender o xénero? Cada un que saque as súas conclusións.
🎞️The Grand Budapest Hotel (Wes Anderson, 2014)
Gustave é bisexual confeso, aínda que a película non vaia diso.
🎞️Ma Rainey's Black Bottom (2020)
A historia dunha muller real, Ma Rainey, revolucionaria na súa época e icona bisexual.
🎞️Interview with the Vampire (Neil Jordan, 1994)
O mérito que ten para aparecer na lista é o de introducir o concepto da bisexualidade a moita rapazada adolescente da súa época.
🎞️Cabaret (Bob Fosse, 1972)
A bisexualidade aquí non é velada, para nada. Porén, é boa representación? Peca dos defectos da súa época? Buf. Deixámolo ás vosas conclusións, tamén.
Se tedes suxerencias, comentade! 😁
Tamén queremos escoitar as vosas reflexións, os vosos debates sobre estas polémicas e estes filmes, porque non somos de sentar cátedra senón de escoitarvos a vós!
🏳️🌈Felíz Día do Orgullo!
A nosa aportación ✌️
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh
En novembro de 2022 comezou a circular pola rede o último grande descubrimento cinematográfico: atopárase un filme de 1973 producido por Scorsese que se cría perdido: Goncharov.
Queredes saber todos os detalles desta historia?
Entón, seguídenos o fío... 👇
Os primeiros que tiveron a sorte de ver o filme emitiron o seu xuízo: tratábase dunha obra mestra, cecais a mellor historia de gangsters nunca contada, dirixida por un director case descoñecido ao acubillo de Scorsese.
Xa coñecemos a súa importante labor como produtor e dinamizador de grandes carreiras cinematográficas das marxes, así que non nos estraña nada a nova...
Morreu Jean-Luc Godard (1930-1922) e nós aquí dubidamos de se poñer algúns fotogramas dos seus mellores filmes ou a imaxe de Agnès Varda chamándoo "pelello de can" por non querer recibila na súa casa🤷
Separamos o autor da obra? Honramos a súa irreverencia? Rexeitamos as súas pretensións?
Como nota, a primeira curta que gravou a que aquí escribe foi inspirada en À bout de souffle (1960).
Se sodes tan frikis do cinema coma nós, non podedes perdervos #Ennio, de Giuseppe Tornatore. Até o xoves, podes vela en @numaxcoop!
A nós encantounos ❤️
Por iso quixemos facer unha lista de filmes para revisar antes de ver a película. (E así evitar spoilers!)
Acción! 🎬
🎞️Il federale (Luciano Salce, 1961)
O primeiro filme para o que Morricone compuxo a banda sonora.
🎞️Per un pugno di dollari (Sergio Leone, 1964)
🎞️Per qualche dollaro in più (Sergio Leone, 1965)
🎞️Il buono, il brutto, il cattivo (Sergio Leone, 1967)
A obrigada triloxía do dólar, que renovou a maneira de musicar filmes para sempre. O berro do coiote! 🦊
Aquí tamén podemos engadir algunhas cousiñas. Encántanos que engadiran a Sidney Poitier! 😍 (Aínda que vexo que nalgúns comentarios ao chío orixinal non o consideran á altura. Nós non somos desa opinión) 👇
Antes de nada, ocórrensenos un lote de actores non-canonicamente-guapos-nin-novos de grande fama e talento na Idade Dourada: Emil Jannings, Lon Chaney, Charles Laughton, Wallace Beery, Peter Lorre, John Carradine...
Como diciamos onte, o nesgo non lles afecta igual.👇
Foi a primeira muller asiática en protagonizar un filme en Hollywood. Foi capaz de transcender os roles estereotípicos que o cinema clásico lle reservaba.
Joséphine Baker (1906-1975)
🎞️Zouzou (Marc Allégret, 1934)
As "primeiras veces" que protagonizou esta actriz multidisciplinar non caben nun só tuit. A miúdo sexualizada polo exótico, non quitou que fora unha muller independente e de firmes ideais.