Manuel Gago Profile picture
Aug 29, 2022 25 tweets 8 min read Read on X
Cando lin por primeira vez O Señor dos Aneis moi impresionado fiquei cunha historia: a de que os elfos marchaban da Terra Media desde os Portos Grises.
Por que?
Porque eu escoitara o mesmo no Barbanza.
“Antes había moita outra xente distinta. Pero todos marcharon polo mar”.
👇🏻 Image
Do mesmo xeito que as especies biolóxicas se reducen, o mesmo pasa no imaxinario. As razas míticas extínguense ano tras ano. Ata o punto de que moita xente pensa que os únicos seres das nosas lendas son os mouros e a Moura.

Verdade, @AtlanticaBeira?
Foi Emilia Pardo Bazán e os seus nos que primeiro lin, no século XIX, como había razas míticas de Galicia que estaban partindo. Esa xente comezou a tentar recoller historias desas razas antes de que desapareceran da memoria.

Se cadra sempre, sempre estean partindo esas razas. Image
Quero reivindicar algunhas das razas que xa partiron. Algunhas figuran nos textos galegos de diferentes séculos; doutras eu sentín falar. Cando preguntes por eles nas aldeas, a maior parte terán desaparecido.
Con sorte, alguén conserva unha cassette podre cunha historia.

Imos.
Os alarbios, seres polimorfos. En Palmeira, vellas ogras que cociñan nenos en grandes potes. Image
Pero en Carnota, onde son cíclopes navegantes que atrapan os mariñeiros e os levan a unha caverna para devoralos. Image
A raposa de Morás, con linguas de lume, con diferentes nomes ao longo da costa. Lingua de lume, coma un dragón, que provocaba un estraño terror. Image
Os nubeiros, os seres que dominan o tempo; desapareceron do noso mundo, pero a mediados do século XIX eran con diferencia a raza máis estendida no mundo das palabras. Image
Os ananos que atan con fíos metálicos os castros entre si, como fan os da Croa do Castro de Cerqueda. Xoias da mitoloxía paneuropea que tamén vivían entre nós. Image
A rampoña, recollida no castro de Mallou e de xeito máis elaborado, en textos do XIX en Compostela. O monstro que voaba sobre a cidade nas primeiras horas da noite, levando con ela as almas dos defuntos.

Unha xoia antiquísima do folclore. Image
A Lunferna, a compañía de luces da fraga de Rendo, ao carón do Pazo de Oca que a mediados do XIX enchía os relatos dos eruditos. Esas luces que te acompañaban, flotando, silandeiras, cando paseabas polo monte das Angustias. Image
O Vello das Bestas, que habitaba baixo algunhas montañas sagradas, rodeado dos animais do alén. Image
As lavandeiras do río das Pedras en Lesón, na Pobra do Caramiñal, pavorosas mulleres que lavan roupas ensanguentadas, xunguidas polo sangue das palabras coas outras banshees das Fisterras célticas. Image
A Loba Branca, muller e loba ao tempo, que coidaba das mandas de lobos do Barbanza por riba de Mosquete e As Escobias. Image
Que cando vin Wolfwalkers, a peli de animación irlandesa que conta a mesma historia en Apple Tv, pensei: matarnos era pouco. Image
O pobo dos nenos que vive baixo o mar de Arousa, e que ás veces piden, baixo auga, cousas aos mariñeiros que andan a pescar. Image
O Boi Bruón, documentado en textos do século XVI, o boi asociado á cidade maldita de Valverde, na lagoa do Carregal (Olveira, Ribeira). Image
A temible Orca Vella, orca de tremendo apetito sexual, que dorme os séculos baixo o promontorio de Fisterra, documentada no século XVI. Image
O urco que bebía escuma de mar e subía pola noite, seguido por unha arrastrada de cans, para anunciar as mortes dos mariñeiros nas rúas de Palmeira. Image
Os guerreiros mortos nunha batalla e soterrados en auga, na Lagoa Sacra de Olives, rodeados de vellos túmulos, e que ás veces aínda se escoitan cantar polos vellos tempos. Image
O cabalo celestial que percorre polas noites, a todo correr, os camiños dos homes, e que atrapa a todos aqueles que se cruzan con el, levándoos a través dos ceos. Image
E por último, pero podería seguir sen parar, homenaxear o traballo de recollida de Calros Solla no monte do Seixo (Cerdedo-Cotobade). Este é o Vello da Montaña, soterrado nunha mámoa da serra, que sentaba nas raiolas de luz e profetizaba a fin dos tempos. Image
Podería seguir sen parar, ata que abrira o día, coma os vellos fístores do país (tamén esquecidos).

Hai unha ecoloxía do imaxinario. Canto máis rico sexa, máis inclusivo, máis chegará a todos, máis narrativas permitirá, máis futuro teremos.

Ata para as razas máxicas! Image
Agás a imaxe dos Portos Grises, todas as 📷 foron xeneradas especialmente para este fío por min. Debemos apropiarnos culturalmente da tecnoloxía. E quería que a cultura galega fose das primeiras en usar Intelixencia Artificial para encher baleiros visuais do seu rico imaxinario.
(Se non é a primeira que o fai en Europa con isto que estades vendo).

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

Jan 25
Sempre me interesou o lugar de Chapa, entre Bandeira e Silleda. Meu pai admírase de que Chapa apareza sempre destacada na sinalética vial: é así case pola inercia doutro tempo, cando esta aldea foi encrucillada
de grandes viaxes e centro dun rico val.
Fun ver algo aló. Image
Os Feitos do arcebispo Berenguel de Landoria, a segunda gran crónica medieval de Santiago, narran que en outubro de 1320 este aristócrata francés, que entrou en Galicia armado ata os dentes, foi atacar varias fortalezas do sur do arcebispado. Entre elas, a de Chapa. Image
Pero o asunto notable é que o exército episcopal levaba canda el unha máquina de guerra, posiblemente un ariete. Tiña que ser impresionante ver, ao inicio da estación das chuvias, ver camiñar un armatoste destes pola Galicia de inicios do século XIV. Image
Read 8 tweets
Nov 17, 2024
No interior da igrexa de san Miguel de Goiás (Lalín) cóntase unha curiosa historia, na liña do que escribiamos o outro día sobre monumentos prehistóricos, de como reiventamos e adaptamos as historias á nosa cultura.

Entras comigo?
(E con María, a señora das chaves, claro) Image
Ao entrar, os ollos comezan a explorar toda esta información disposta a ser interpretada. Pero a min automaticamente vai a vista para ese arcosolio da dereita, onde xace unha figura.
-E aí quen está enterrado?
-O cura-di María sen máis. Image
Achégome ao sepulcro, miro ao seu interior, apóiome no banco para fotografiar a esta fermosa muller.

-Que aquí está enterrado o cura?
-O cura.
-Pero se aquí unha muller.
-Que non, que é o cura.

🤯 Image
Image
Read 12 tweets
Nov 4, 2024
Na igrexa de Meira descansa desde o século XVI esta muller vestida cun hábito modesto. Era a poderosa fidalga María de Bolaño. Pero non son os únicos restos humanos que foron depositados aquí. María repousou cun anaco decisivo da historia de Galicia. Image
O sartego destaca pola súa heráldica, ilustrativa das casas das que descendía, e unha sorprendente estilo de escrita en pedra. Sabemos polo seu testamento que quixo ser enterrada cos seus pais. E á súa cabeceira, hai unha interesante inscrición. Image
Na cabeceira indícase que alí xacen Pedro de Miranda e a súa muller dona Inés. É Pedro de Miranda, o Renegado! O contacto máis estreito cos dramáticos feitos que supuxeron a execución de Pardo de Cela.

*Por favor, algún tipógrafo na sala para recrear para ordenador esta fonte? Image
Image
Read 13 tweets
Jul 29, 2024
Hai obxectos que son vectores da historia, testemuñas únicas de momentos críticos, e que portan emocións con eles. En #Pontevedranotempo temos un moi especial: a bandeira da Sociedade de Agricultores de Salcedo. Image
A bandeira é unha encrucillada de sentidos. Por unha banda, permítenos contar a vibrante historia do nacemento do movemento agrarista nas comarcas pontevedras a finais do XIX, e que no propio concello pontevedrés, en parroquias como Salcedo e Lérez tivo moita forza. Image
Fronte a tópicos, o agrarismo -a organización social e política dos agricultores- nace a partir da expansión económica do campo galego, non do atraso: é xente que exportar, que toma consciencia do seu poder e quere influír no seu destino. Image
Read 13 tweets
Jul 10, 2024
Curiosear nas fotografías que fixo Thurston Thompson en 1866 da catedral de Santiago e o seu contorno permítenos observar un detalle: como esa data, case a metade do XIX, é MOI antiga. O mundo que vemos aí procede de máis atrás. E nótase en todo tipo de detalles. Image
Primeiro, algo moi curioso. Nesta edición dunha escolma das súas fotos editada en Londres en 1868 observade como a Mateo aínda se lle designa polo seu nome en galego. Cando o pórtico colla gran sona pasará a ser Maestro. Pero aínda non estamos aí. Image
Algunhas fotos permiten achados sorprendentes. Como a presenza da Fons Mirabilis, a mítica fonte medieval dos peregrinos que aparece no Códice Calixtino, situada ao carón da porta do pazo de Xelmírez. Hoxe está no claustro da catedral. Mirade esoutro ángulo. Non é doada de ver!

Image
Image
Image
Read 10 tweets
Jun 5, 2024
Este vindeiro domingo celébrase a Ofrenda do Reino de Galicia na catedral de Lugo. Pero non sei se sabes se que alí, vinculado a ese ritual, viviuse un curioso episodio que conecta a monarquía inglesa co reino de Galicia. E que aínda hoxe podemos ver. Image
A principios de maio de 1719 entraron un Lugo un grupo de cabaleiros que viñan de incógnito. O Capitán Xeral do reino de Galicia advertira por carta ao concello e o cabido da chegada dunha personaxe, con nome en clave, o 'cabaleiro de Connock'. Viaxaba cun séquito reducido. Image
O cabaleiro de Connock era o nome en clave de nada menos que Xacobe III de Inglaterra e VII de Escocia, o 'Vello Pretendente'. Viña acompañado de parte do seu Estado maior. Moveuse esa primavera entre varias cidades galegas, na retagarda dunha operación militar. Á espera. Image
Read 13 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Don't want to be a Premium member but still want to support us?

Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal

Or Donate anonymously using crypto!

Ethereum

0xfe58350B80634f60Fa6Dc149a72b4DFbc17D341E copy

Bitcoin

3ATGMxNzCUFzxpMCHL5sWSt4DVtS8UqXpi copy

Thank you for your support!

Follow Us!

:(