Manuel Gago Profile picture
Aug 29 25 tweets 8 min read
Cando lin por primeira vez O Señor dos Aneis moi impresionado fiquei cunha historia: a de que os elfos marchaban da Terra Media desde os Portos Grises.
Por que?
Porque eu escoitara o mesmo no Barbanza.
“Antes había moita outra xente distinta. Pero todos marcharon polo mar”.
👇🏻 Image
Do mesmo xeito que as especies biolóxicas se reducen, o mesmo pasa no imaxinario. As razas míticas extínguense ano tras ano. Ata o punto de que moita xente pensa que os únicos seres das nosas lendas son os mouros e a Moura.

Verdade, @AtlanticaBeira?
Foi Emilia Pardo Bazán e os seus nos que primeiro lin, no século XIX, como había razas míticas de Galicia que estaban partindo. Esa xente comezou a tentar recoller historias desas razas antes de que desapareceran da memoria.

Se cadra sempre, sempre estean partindo esas razas. Image
Quero reivindicar algunhas das razas que xa partiron. Algunhas figuran nos textos galegos de diferentes séculos; doutras eu sentín falar. Cando preguntes por eles nas aldeas, a maior parte terán desaparecido.
Con sorte, alguén conserva unha cassette podre cunha historia.

Imos.
Os alarbios, seres polimorfos. En Palmeira, vellas ogras que cociñan nenos en grandes potes. Image
Pero en Carnota, onde son cíclopes navegantes que atrapan os mariñeiros e os levan a unha caverna para devoralos. Image
A raposa de Morás, con linguas de lume, con diferentes nomes ao longo da costa. Lingua de lume, coma un dragón, que provocaba un estraño terror. Image
Os nubeiros, os seres que dominan o tempo; desapareceron do noso mundo, pero a mediados do século XIX eran con diferencia a raza máis estendida no mundo das palabras. Image
Os ananos que atan con fíos metálicos os castros entre si, como fan os da Croa do Castro de Cerqueda. Xoias da mitoloxía paneuropea que tamén vivían entre nós. Image
A rampoña, recollida no castro de Mallou e de xeito máis elaborado, en textos do XIX en Compostela. O monstro que voaba sobre a cidade nas primeiras horas da noite, levando con ela as almas dos defuntos.

Unha xoia antiquísima do folclore. Image
A Lunferna, a compañía de luces da fraga de Rendo, ao carón do Pazo de Oca que a mediados do XIX enchía os relatos dos eruditos. Esas luces que te acompañaban, flotando, silandeiras, cando paseabas polo monte das Angustias. Image
O Vello das Bestas, que habitaba baixo algunhas montañas sagradas, rodeado dos animais do alén. Image
As lavandeiras do río das Pedras en Lesón, na Pobra do Caramiñal, pavorosas mulleres que lavan roupas ensanguentadas, xunguidas polo sangue das palabras coas outras banshees das Fisterras célticas. Image
A Loba Branca, muller e loba ao tempo, que coidaba das mandas de lobos do Barbanza por riba de Mosquete e As Escobias. Image
Que cando vin Wolfwalkers, a peli de animación irlandesa que conta a mesma historia en Apple Tv, pensei: matarnos era pouco. Image
O pobo dos nenos que vive baixo o mar de Arousa, e que ás veces piden, baixo auga, cousas aos mariñeiros que andan a pescar. Image
O Boi Bruón, documentado en textos do século XVI, o boi asociado á cidade maldita de Valverde, na lagoa do Carregal (Olveira, Ribeira). Image
A temible Orca Vella, orca de tremendo apetito sexual, que dorme os séculos baixo o promontorio de Fisterra, documentada no século XVI. Image
O urco que bebía escuma de mar e subía pola noite, seguido por unha arrastrada de cans, para anunciar as mortes dos mariñeiros nas rúas de Palmeira. Image
Os guerreiros mortos nunha batalla e soterrados en auga, na Lagoa Sacra de Olives, rodeados de vellos túmulos, e que ás veces aínda se escoitan cantar polos vellos tempos. Image
O cabalo celestial que percorre polas noites, a todo correr, os camiños dos homes, e que atrapa a todos aqueles que se cruzan con el, levándoos a través dos ceos. Image
E por último, pero podería seguir sen parar, homenaxear o traballo de recollida de Calros Solla no monte do Seixo (Cerdedo-Cotobade). Este é o Vello da Montaña, soterrado nunha mámoa da serra, que sentaba nas raiolas de luz e profetizaba a fin dos tempos. Image
Podería seguir sen parar, ata que abrira o día, coma os vellos fístores do país (tamén esquecidos).

Hai unha ecoloxía do imaxinario. Canto máis rico sexa, máis inclusivo, máis chegará a todos, máis narrativas permitirá, máis futuro teremos.

Ata para as razas máxicas! Image
Agás a imaxe dos Portos Grises, todas as 📷 foron xeneradas especialmente para este fío por min. Debemos apropiarnos culturalmente da tecnoloxía. E quería que a cultura galega fose das primeiras en usar Intelixencia Artificial para encher baleiros visuais do seu rico imaxinario.
(Se non é a primeira que o fai en Europa con isto que estades vendo).

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

Aug 28
No Alentejo e no Norte fálannos do centralismo lisboeta, dos cómicos que ridiculizan acentos e clases humildes, que falan do ‘interior’ como se estivera a xornadas de distancia da capital.
Cando se fala do Norte, os contadores do sur aluden a un mundo atávico no que se manteñen tradicións ancestrais. En 2022. No Norte. Unha descomunal aglomeración urbana imparable. No norte que ten Vigo ao norte.
O Norte de Portugal é un estado imaxinario. Un ve todo ese Norte vizoso, caótico, ensarillado, expandido; ve os arredores de Lisboa, oliveiras secas, latifundio.

O norte ten que ser ancestral para non ser real, non sei se me explico.
Read 5 tweets
Aug 22
Hoxe vouvos contar unha breve historia das que nos gustan (a min e máis a vós): lendas con santos de caxatos máxicos, catástrofes naturais e intrigantes conexión con feitos históricos.

E sucedeu en Carnota! 👇🏻
Un día unha enorme onda ergueuse sobre o Atlántico. O mar crebou os límites das grandes mareas vivas e penetrou imparable cara o interior do val carnotán.

A xente entrou en pánico.

Pero estaba San Gregorio.
San Gregorio é ‘case patrón’ de Santa Comba de Carnota. Ten unha capeliña non moi lonxe da igrexa parroquial. E se Santa Comba celebra a súa festa o 31 de decembro, o San Gregorio é o 3 de xaneiro.

Que o santo estaba moi implicado, vaia.
Read 13 tweets
Aug 21
Sei ben que é agosto a Galeria dos Uffizzi en Florencia, pero explorando estes días as coleccións non é difícil chegar á conclusión: isto non pode ser.

Sempre insisto: non se trata de ter ‘acceso á cultura’, así en abstracto, trátase de ter acceso digno e en condicións.
A única solución posible e factible nun contexto de turismo tan masivo pasa por reducir o número de asistentes simultáneos. Subir a entrada sería elitista e estou convencido de que mesmo a 30€ (agora vale 20) a carga sería similar.
A diferencia de carga entre andares é absolutamente escandalosa. En realidade todo o mundo vai ver (a facerse a foto con) Botticelli e Leonardo ao segundo andar. O primeiro, dedicado ao Barroco, está case tan tranquilo como o claustro dun mosteiro cartuxo.
Read 6 tweets
Aug 7
Estou ben lonxe da casa, pero estas imaxes que me mandaba a xente da Pobra revolvíanme por dentro. Hoxe, repasando os grupos locais de Facebook, puiden ver como se repetía unha memoria colectiva, detalle a detalle, que eu tiña escoitado moitas veces.
👇🏻👇🏻
Os piñeirais da Curota eran unha explotación forestal privada, a única masa forestal grande que existía no sur do Barbanza por volta dos 30. Usábanse para as industrias do mar e outras. Logo incrementáronse coas repoboacións forestais franquistas. Tamén en mans privadas.
Moita xente ten unha idea idílica dunha Galicia tradicional poboada de árbores. NON. Os únicos que tiñan masas grandes de árbores eran os terratenentes e ricos propietarios. Usábanse para estaleiros, para a confección das caixas de peixe, etc.
Non había leña!
Read 6 tweets
Jul 24
Nesta véspera do Día Nacional de Galicia quérovos contar unha historia marabillosa.

No tempo no que se queimaban as bibliotecas, como se salvou unha moi especial, unha biblioteca na que se gardaban as esperanzas dunha vila mariñeira. Ata hoxe.
Souben disto ao redor do ano 93.

En Palmeira, un vello radiotelegrafista xubilado esculpía granito coma un monxe oriental. “Só saco o que a pedra ten dentro”.

Era da varuda estirpe mariñeira. Chegara a colarse no pazo imperial de Xapón (por despiste)

Contoume tantas cousas.
Foi Manuel (media Palmeira chámase Manuel) quen me falou da biblioteca da Sociedad.

“Tiñamos a Gramática galega de Saco y Arce”, díxome. “E Cantares Gallegos. E os libros de Curros. E o atecismo do labrego”. Mirou para min moi serio.

“Alí aprendín a non ter vergoña”, díxome.
Read 22 tweets
Jul 23
Gústame que as expos teñan obxectos polisémicos, que conten distintas cousas. Algunhas delas nos falan de memorias ocultas. Das tradicións orais urbanas. Vouvos contar un caso.

Este é o Libro do Concello de Santiago. Conta a vida municipal durante as primeiras décadas do XV.
O Libro do Concello é un exemplo do importante que é a documentación. Nel está toda a vida diaria da cidade: os panadeiros, as peixeiras, os verdugos, os xudeus, os cambeadores, as carniceiras…
Só conta uns poucos anos da cidade.
Pero séculos despois, alguén escribiu algo nel.
O libro está en galego. Este é o inicio dun documento asinado o 6 de xullo de 1418.

Séculos despois, un escribán, xa en castelán, escribiu “Ermandad”. Irmandade. Destacou o escrito para que fora doado de localizar.
Read 8 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Don't want to be a Premium member but still want to support us?

Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal

Or Donate anonymously using crypto!

Ethereum

0xfe58350B80634f60Fa6Dc149a72b4DFbc17D341E copy

Bitcoin

3ATGMxNzCUFzxpMCHL5sWSt4DVtS8UqXpi copy

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!

:(