Manuel Gago Profile picture
Jan 4, 2023 25 tweets 11 min read Read on X
Todos os primeiros de ano na punta Hook (New Ross, Irlanda) lévase a cabo un singular ritual. Os arqueiros, aos pés do faro, lanzan cadansúa flecha ao mar.
Non sabía que esta tradición íame conducir a unha das historias galegas e atlánticas máis fermosas que teño atopado.
👇
O ritual de Hook Head evoluíu. Na Idade Moderna, cando o alcalde facía este ritual para asentar a propiedade municipal sobre esa entrada. Eran rituais sempre eran moi arcaizantes. En Galicia, na mesma época, os alcaldes percorrían o territorio pisando en vellas pedras sagradas.
Na conversa na rede sobre este ritual irlandés, Howard Huws comentou que na literatura galesa medieval aparecía un ritual semellante, citado en relación a un importante santuario da costa sur da illa de Anglesey.
Un ritual galeGo. Con G.
Como?
Viaxemos á illa de Anglesey, en Gales. Sóache non? Claro que soa.
Foi o último refuxio dos druídas británicos durante a conquista romana de Britannia. Escaparon á súa illa sagrada. Os romanos seguíronnos e masacráronos, rematando cos líderes espirituais dos britóns.
Moi preto da canle pola que entraron os romanos, e protexida por un estenso bosque -o único que sobrevive na illa de Anglesey, destaca de maneira singular Ynis Llanddwyn, unha especie de Lanzada galesa. E alí están as ruínas da capela e o pozo sagrado de Santa Dwynwen.
Aquí tedes, un lugar de beleza extraordinaria.
Unha illa singular, coas ruínas da capela, o campo da feira e o pozo sagrado de propiedades máxicas dedicados a esta rapaza, Dwynwen.
Foi abandonado durante a Reforma Anglicana. Pero a memoria de Dwynwen nunca desapareceu de Gales.
Dwynwen era unha das 24 fillas do rei de Brecon, ao sur de Gales. Estaba namorada do fillo do rei veciño. O rei negouse a que casaran e ela marchou cara o norte, ao reino de Gwynned, e retirouse á illa de Llanddwyn.
Hoxe é a matroa dos namorados galeses. Unha figura moi popular.
E na illa estaba o pozo de Dwynwen, con propiedades curativas e adivinatorias, como en Galicia. Nel habitaba un peixe ao que lle pedías o desexo de saber. Se o peixe subía á superficie e púñase a facer a mona, é que o teu amor duraría para sempre. Cuspidiño á troita de Viladonga.
Pois ben, imos alá.
Gales viviu na época medieval unha idade de ouro literaria (sóavos?). Cronistas, romanceiros e sobre todo bardos. Bardos que logo se converteron nun orgullo nacional. E que facían cancións en gabanza dos numerosos pequenos santuarios de peregrinación do país.
E un deles era Dafydd Trefor, que escribiu entre finais do século XV e principios do XVI. Gababa as multitudes que acudían á illa á romaría de santa Dwynwen. Que chegaban de todas partes. Que traían ofrendas. Que celebraban os miragres e as curacións.
E hai estes versos.
Ein?
Non me digades que non é chulo o galés.
Acabamos de entrar nunha de Tolkien?
Coa axuda de @trydarHH podo ofrecervos a fascinante tradución destes versos, que celebran a sona atlántica de Santa Dwynwen. Os * son moedas. E as 'prensas' refírense posiblemente a viño e queixo.
E aí, últimos 4 versos, vedes algo marabilloso.
Desde as 'rocas' da Coruña (que poden ser murallas, pedras, ou castelos) practicábase un estraño e fascinante ritual, segundo o poema.
Lanzar flechas ao Océano, para que as flechas viaxaran por ti en peregrinación, cruzando o mar céltico, ata o santuario de Dwynwen.
E reparade no que nos contan estes versos.
Algo lóxico, pero excepcional.
As nosas narrativas sempre enfatizan a chegada de peregrinos británicos e do norte a Galicia.
Pero isto cóntanos outra cousa.
Un mar que, por devocións, se percorre tamén desde Galicia cara o norte.
A presenza de Galicia na literatura galesa medieval é moi chamativa. Hai abundantes referencias a Iago (Santiago) e a Grwyn (A Coruña). E son referencias felices. Un contemporáneo de Trefor, Tudur Aled, fala das "grâbs o’r Grwyn", os 'bagos da Coruña'.
E o poeta Lewys Glyn Cothi, gabando á matrona Siwan Du, celebra como cunha man terma das contas do rosario e coa outra escancia o viño e os cornos de hidromel que chegan a través do Mar de Santiago.
Si, o Mar de Santiago.
Môr Iago.
Mirade que fermoso.
Porque para os galeses medievais o golfo de Biscaia, o Celtic Sea, é Môr Iago, o mar de Santiago. O territorio compartido por devocións e rutas santas de peregrinación, pero polos que atravesan as máis saborosas manxares xunto coas piedades.
E hai algo máis con respecto a santa Dwynwen e o Môr Iago.
Algo que vos vai encantar.
Imos á aldeíña máis próxima ao santuario, Abberffraw.
Este pequeno e encantador lugar foi na Idade Media unha corte real.
Entre os séculos IX e XII, a coincidir coa etapa de esplendor do reino de Galicia, aquí estaba o llys, a corte principesca do mítico reino de Gwynnedd. Conectada por mar co resto dos territorios atlánticos. O reino da enseña de Cadwaladr.
E de posibles contactos reais esquencidos, e das navegacións do bravo Mar de Santiago, e da peregrinación da santiña, nesta aldea sobrevive desde hai centos de anos un delicioso recordo deses contactos. As 'cacen Iago', os boliños de Santiago. Feitos coas cunchas de vieiras.
É unha historia tan fermosa e descoñecida que custa asimilar.
E un exemplo do baleiro de coñecemento sobre o noso pasado.
E digo eu unha cousa.
Santa Dwynwen vai ser o vindeiro 25 de xaneiro.
Os voos de avión van caros.
Pero os nosos devanceiros tiñan solución para todo.
Xa que temos o vórtice máxico atlántico máis poderoso, por que non enviamos o 25 de xaneiro, desde as rochas da Torre de Hércules, as nosas flechas, como votos e como recordos, a Santa Dwynwen?
Flechas biodegradables.
Flechas que leven connosco séculos de tempo.
Aí volo deixo.
Se vos gustou esta historia, axudade a difundila.
Isto é unha comunidade.
Gústames, rechíos, o que queirades. Que se coñeza.
Este é un esforzo entre todos.
E máis nada.
Quero agradecer a axuda a dúas persoas, @trydarHH pola súa amable tradución e contextualización, e Elin Jones, directora do University of Wales Centre for Advanced Welsh and Celtic Studies, polos materiais e os contextos.
Gales e Galicia: 1 relación por construír.
Que a todo isto, se queredes facer a 'saetada' do 25 de xaneiro, que alguén a organize, que a min non me dá a vida para máis. Se podo, eu achégome (aínda que non teño arco).

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

Jan 25
Sempre me interesou o lugar de Chapa, entre Bandeira e Silleda. Meu pai admírase de que Chapa apareza sempre destacada na sinalética vial: é así case pola inercia doutro tempo, cando esta aldea foi encrucillada
de grandes viaxes e centro dun rico val.
Fun ver algo aló. Image
Os Feitos do arcebispo Berenguel de Landoria, a segunda gran crónica medieval de Santiago, narran que en outubro de 1320 este aristócrata francés, que entrou en Galicia armado ata os dentes, foi atacar varias fortalezas do sur do arcebispado. Entre elas, a de Chapa. Image
Pero o asunto notable é que o exército episcopal levaba canda el unha máquina de guerra, posiblemente un ariete. Tiña que ser impresionante ver, ao inicio da estación das chuvias, ver camiñar un armatoste destes pola Galicia de inicios do século XIV. Image
Read 8 tweets
Nov 17, 2024
No interior da igrexa de san Miguel de Goiás (Lalín) cóntase unha curiosa historia, na liña do que escribiamos o outro día sobre monumentos prehistóricos, de como reiventamos e adaptamos as historias á nosa cultura.

Entras comigo?
(E con María, a señora das chaves, claro) Image
Ao entrar, os ollos comezan a explorar toda esta información disposta a ser interpretada. Pero a min automaticamente vai a vista para ese arcosolio da dereita, onde xace unha figura.
-E aí quen está enterrado?
-O cura-di María sen máis. Image
Achégome ao sepulcro, miro ao seu interior, apóiome no banco para fotografiar a esta fermosa muller.

-Que aquí está enterrado o cura?
-O cura.
-Pero se aquí unha muller.
-Que non, que é o cura.

🤯 Image
Image
Read 12 tweets
Nov 4, 2024
Na igrexa de Meira descansa desde o século XVI esta muller vestida cun hábito modesto. Era a poderosa fidalga María de Bolaño. Pero non son os únicos restos humanos que foron depositados aquí. María repousou cun anaco decisivo da historia de Galicia. Image
O sartego destaca pola súa heráldica, ilustrativa das casas das que descendía, e unha sorprendente estilo de escrita en pedra. Sabemos polo seu testamento que quixo ser enterrada cos seus pais. E á súa cabeceira, hai unha interesante inscrición. Image
Na cabeceira indícase que alí xacen Pedro de Miranda e a súa muller dona Inés. É Pedro de Miranda, o Renegado! O contacto máis estreito cos dramáticos feitos que supuxeron a execución de Pardo de Cela.

*Por favor, algún tipógrafo na sala para recrear para ordenador esta fonte? Image
Image
Read 13 tweets
Jul 29, 2024
Hai obxectos que son vectores da historia, testemuñas únicas de momentos críticos, e que portan emocións con eles. En #Pontevedranotempo temos un moi especial: a bandeira da Sociedade de Agricultores de Salcedo. Image
A bandeira é unha encrucillada de sentidos. Por unha banda, permítenos contar a vibrante historia do nacemento do movemento agrarista nas comarcas pontevedras a finais do XIX, e que no propio concello pontevedrés, en parroquias como Salcedo e Lérez tivo moita forza. Image
Fronte a tópicos, o agrarismo -a organización social e política dos agricultores- nace a partir da expansión económica do campo galego, non do atraso: é xente que exportar, que toma consciencia do seu poder e quere influír no seu destino. Image
Read 13 tweets
Jul 10, 2024
Curiosear nas fotografías que fixo Thurston Thompson en 1866 da catedral de Santiago e o seu contorno permítenos observar un detalle: como esa data, case a metade do XIX, é MOI antiga. O mundo que vemos aí procede de máis atrás. E nótase en todo tipo de detalles. Image
Primeiro, algo moi curioso. Nesta edición dunha escolma das súas fotos editada en Londres en 1868 observade como a Mateo aínda se lle designa polo seu nome en galego. Cando o pórtico colla gran sona pasará a ser Maestro. Pero aínda non estamos aí. Image
Algunhas fotos permiten achados sorprendentes. Como a presenza da Fons Mirabilis, a mítica fonte medieval dos peregrinos que aparece no Códice Calixtino, situada ao carón da porta do pazo de Xelmírez. Hoxe está no claustro da catedral. Mirade esoutro ángulo. Non é doada de ver!

Image
Image
Image
Read 10 tweets
Jun 5, 2024
Este vindeiro domingo celébrase a Ofrenda do Reino de Galicia na catedral de Lugo. Pero non sei se sabes se que alí, vinculado a ese ritual, viviuse un curioso episodio que conecta a monarquía inglesa co reino de Galicia. E que aínda hoxe podemos ver. Image
A principios de maio de 1719 entraron un Lugo un grupo de cabaleiros que viñan de incógnito. O Capitán Xeral do reino de Galicia advertira por carta ao concello e o cabido da chegada dunha personaxe, con nome en clave, o 'cabaleiro de Connock'. Viaxaba cun séquito reducido. Image
O cabaleiro de Connock era o nome en clave de nada menos que Xacobe III de Inglaterra e VII de Escocia, o 'Vello Pretendente'. Viña acompañado de parte do seu Estado maior. Moveuse esa primavera entre varias cidades galegas, na retagarda dunha operación militar. Á espera. Image
Read 13 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Don't want to be a Premium member but still want to support us?

Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal

Or Donate anonymously using crypto!

Ethereum

0xfe58350B80634f60Fa6Dc149a72b4DFbc17D341E copy

Bitcoin

3ATGMxNzCUFzxpMCHL5sWSt4DVtS8UqXpi copy

Thank you for your support!

Follow Us!

:(