The Castro Lupario hillfort (Rois,#Galicia) has alway captivated the attention of writers and scholars. It is located very close to Santiago de Compostela, had some intriguing findings, uncommon features and a strong legend on a powerful queen. #HillfortsWednesday
At least since the 16th century, travellers have visited the ruins, looking for the legend. The Castro Lupario was the seat of the Raíña Lupa, the She-Wolf Queen, sovereign of these lands when the corpse of Saint James arrived from Palestine in a stone boat. #HillfortsWednesday
The queen built a pagan temple to which crowds flocked. The Apostle's disciples asked the queen to bury him there. This pagan seat of power was so relevant for Saint James' myth that in 1610 Mauro Castellá depicted the hillfort in the centre of the territory. #HillfortsWednesday
The extremely well preserved and masive stone ramparts excited the imagination of 19th century scholars. Here are two pics with the famous lady (and young priest) scale. 😉
Maybe the walls were Late Roman or even early medieval. It is still unclear. #HillfortsWednesday
In spite the hillfort never was scientifically excavated, some intriguing finds were located, like this severed head, possibly placed at the rampart. These walls were also like a strange 'panel of memory', integrating ancient rock art coming from Bronze Age. #HillfortWednesday
When you visit the Castro Lupario hillfort, you realize that this is not the usual Iron Age hillfort. The ramparts, the internal structure...everything shows you that it is a special place. But through the centuries visitors were visiting a story, not a site. #HillfortWednesday
This hillfort was a place between history and legend. Like Camelot, the seat of the She-Wolf Queen was one of the mythical palaces of the Middle Ages, widely depicted in art throughout Europe, showing how pagan Old World and the New Christian were integrated. #HillfortsWednesday
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh
A cultura galega contemporánea case nunca imaxina unha sociedade cun pasado 'histórico', só recrea un borroso pasado ahistórico e rural. Pero ás veces, con equívocos, o cine foráneo fainos imaxinar escenas dun cine galego que construíra memoria.
Como en Mary, queen of the Scots.
O detalle deste exército marchando polos montes con bandeiras azuis e brancas resúltanos chocante. Simple asociación de símbolos non relacionados entre si pero que na nosa cabeza nos fan imaxinar o posible. Descubriuno @turonio.
Por certo, que esta peli está chea de cousas raras. 😉
No lugar do Vao, (Présaras, Vilasantar) atópase esta casa nun lamentable estado de abandono. Chámanlle a Casa do Vao ou das Medallas.
Na súa porta amosa unha poderosa mensaxe política que nos fala das tensións internas da sociedade galega entre a Idade Media e a Moderna.
Unha suntuosa porta contrasta coa modestia do resto da casa. Non é doado determinar o aspecto orixinal do edificio, pero a porta consagra o seu remate: 1544.
Dous intrigantes medallóns sobrancean no lintel, protexendo a casa. Non se observa heráldica nobiliar por ningures.
Non conseguín atopar na rede info sobre este curioso edificio que alumease sobre estes retratos sofisticados, case cortesáns, no medio dun ambiente rural. Quen son? Os propietarios da casa?
Creo que non.
A xulgar pola data, creo que estamos vendo unha profunda mensaxe política.
Un dos grandes eixos de debate máis ou menos científico ao redor da Idade do Ferro en Galicia é quen detentaba o poder e se existía desigualdade social. Como estaban estruturados socialmente os castros? Existía unha 'aristocracia'? Era guerreira, doutro tipo? Había vasalos?
Vaia por diante que o tema é moi complexo, que xenerou centos de páxinas de literatura académica e que non hai acordo entre os especialistas. Hoxe só quero chamar a atención sobre un detalle: que ás veces é moi dificil ver o poder. O poder auténtico está nun lugar invisible.
En moitos casos atopamos un gran edificio non usado como vivenda. Ese edificios teñen ao redor un banco corrido. É un espacio circular ou oblongo, no que non se aprecia ningún tipo de xerarquía.
A este da foto (Briteiros, PT) chamáronlle Casa do Conselho. Intención clara.
Cando morremos, de nós sobreviven apenas 3 ou 4 historias na memoria da xente (como moito). E esas historias que perviven falan case máis da cultura que as mantén como do morto.
Foi o caso deste señor de Pontevedra, Paio Gómez de Soutomaior, protagonista dunha gran aventura.
Paio Gómez foi o primeiro embaixador (coñecido) dun reino ibérico en viaxar ata a corte do Tamerlán en Asia Menor. O rei Henrique III mandárao co obxectivo de establecer relacións políticas. O Tamerlán estaba nun momento de extraordinario poder.
Alí participou en batallas, fíxose bo amigo do Tamerlán, e este mandouno de volta cunhas doncelas húngaras en plan agasallo para o rei. O tema é que o camiño era moi longo, o azul Mediterráneo, os cócteles tranquilos no barco...
Un aspecto moi pouco coñecido da nosa emigración é a prodixiosa 'industria' cultural que xerou nas primeiras décadas do XX. Discos de contido galego, gravados en Nova York e París, en galego e castelán, para unha comunidade global.
Vouvos ensinar algo ben chulo.
Ese señor de arriba era Regino López. De orixe asturiana, era toda unha estrela en Cuba e forofo do baseball. Todos os anos ía a Nova York a ver partidos e de paso, gravaba discos actuando como galego para unha comunidade ávida. Os discos viaxaban polo Atlántico.
Isto que ides escoitar é un exemplo.
É de 1935, gravado en Nova York. Titúlase "Gallegos son triunfos" e presenta un diálogo entre un galego e un cubano que subverte e revira todos os tópicos sobre o país.
Aínda hoxe en día, este orgullo é unha rareza na nosa industria cultural.
Veña, voume meter nun xardín.
Os premios literarios en Galicia.
Hai demasiados.
Son herdeiros carpetovetónicos dunha cultura que xa non existe. E agochan que a cultura galega cambiou de xeito radical nas últimas décadas.
Explícome.
Os premios literarios proceden da idea romántica do escritor como contador e creador da alma nacional.
En Galicia pasou iso desde o Rexurdimento, e ata hai pouco. Moitos dos escritores implicáronse na construción de Galicia moito máis alá da súa obra, creando esfera pública.
Pero iso xa non é así.
Trala morte de Agustín F. Paz e Xabier Docampo só fican, dos grandes, dous escritores que constrúen país alén da propia obra: @Rivasbarrs e @SusodeToro1. Son os derradeiros dunha gran tradición.
Os escritores actuais están concentrados na súa obra.