Profile picture
Éche o que hai, Iván @echeoqhai
, 21 tweets, 5 min read Read on Twitter
Moitos pasan diante del e moi poucos coñecen a súa historia. Os gafapasteiros dirán que é unha homenaxe ao dragón do Park Güell de Gaudí. Pero xa quixera este ter a historia que agocha o Dragón do Monelos. Atent@
O Dragón do Monelos descansa case 550 anos despois de que nos visitase por vez primeira e marcase a vida (e a obra) do noso conveciño, Xosé. Foi en 1470.
Antes de coñecermos a historia, vaiamos por partes. Se pegas o ouvido ao chan do Parque Europa na Coruña, aínda escoitas pasar o río á súa beira percorrendo o que hoxe a rúa Monelos. De pequeno, cando pasaba pola Ponte Gaiteira aínda escoitaba o seu rumor na marxe esquerda.
Tamén lembro pasar as tardes de verán cunha tanza e unha liña e meus tres irmáns no peirao da Coruña. Cando chegaba a temporada, fartabámonos a pescar anguías. Si, anguías. A esgalla. Na Coruña. Xusto onde desemboca o canalizado Monelos. Non si, @manuelfcomendez?
Se non o cres, en @EsqueceMonelos poderás ver unha anguía remontalo aínda hoxe. De feito, a zona do parque Europa coñecíase no seu momento como Pena da Guía, unha deturpación de Pena da Anguía. No mapa podes apreciar a pena.
Este mapa dános outra chave: o Monelos non sempre tivo o mesmo trazado. No século XV formaba un pequeno esteiro e xuntábase na súa saída co “Reghacho”. Así o chamaban os veciños da Poza e de Castiñeiras a comezos do XX.
O Reghacho nacía das vizosas fontes de Vioño, que no seu momento serviron de traída de auga da Coruña. Continuaba por Outeiro, Nelle, baixaba pola Falperra até A Poza (San Pedro de Mezonzo), continuaba por Castiñeiras e chegaban á Palloza a xuntarse co Monelos.
Polo século XV aquel era un lugar mítico para unha parte dos coruñeses. Á saída do esteiro unha pequena illa que quedaba unida á terra na baixamar daba acubillo a un pequeno cemiterio.
Segundo as tradicións xudías, os mortos debían estar separados dos vivos para non contaminarse coa súa impureza e preto dunha corrente de auga que deberían pasar, en referencia ao mítico río Xordán.
E esa corrente de auga era o “Reghacho” que, pola altura coñecíase como “Rego dos Xudeus”. A illa dos mortos, a Illa dos Xudeus. E o barrio pegado, A Rabiada ou Arrabiada, a “terra dos xudeus”.
Da illa dos Xudeus nada nos queda. Na Coruña non a lembran nin os vellos e os poucos restos que hai son 3 lápidas que se conservan en Madrid.
E menos hai que lembran a historia do noso Xosé: xudeu el, pescador de anguías el, unha tradición cuxo último elo é Manolo Cotos, o último pescador de anguías da Coruña laopinioncoruna.es/gran-coruna/20…
Xosé foivos un día de 1471 ao esteiro do rego dos Xudeus e do Monelos. Ía, como sempre, revisar as nasas na procura do prezado manxar que comerciaba na Coruña. Pero deste día a pesca non foi normal. Nas nasas había un dragón. O dragón do Monelos
Ninguén viu o dragón máis que Xosé, e ninguén, claro está, quixo crer Xosé. “Sería unha anguía grande, animal!”
Pero o bicho que viu non era unha anguía. Era un dragón, de cores vivas! Un dragón que non esqueceu e que inmortalizou para sempre. Non no bicho que está no Parque Europa: nunha das obra máis importante para os xudeus
O Xosé Anguieiro Dragonceiro non era outro que Joseph Ibn Hayyim, o xudeu coruñés que en 1476 ilustrou na nosa cidade a Biblia Kennicott gl.wikipedia.org/wiki/Biblia_Ke…
Esta biblia coruñenta está considerada como unha das obras cume da ilustración medieval, e mesmo o manuscrito sefardí máis luxosamente ilustrado
E nela está o Dragón do Monelos
Así o explica Moisés Ibn Zabarah o xudeu coruñento encargado de escribir a Biblia man a man con Joseph Ibn Hayyim.
E agora que sabes a historia do Dragón do Monelos, lembra contarlla ao vindeiro gafasteiro que che diga que o Dragón do Parque Europa é unha homenaxe ao Parque Guell.
Non! É a historia de Xosé que foi por anguías e acabou ilustrando a mellor Biblia xudía desde A Coruña
PD: a landa do dragón é un INVENT, si. Pero cona, que ben quedaría contalo así, porque todo o resto, TODO, é verdade: o Monelos, as anguías, a pesca no esteiro, os xudeus, o seu rego e illa, a biblia Kennicot. E todo merecía máis que un dragón sen historia chantado nun parque
Missing some Tweet in this thread?
You can try to force a refresh.

Like this thread? Get email updates or save it to PDF!

Subscribe to Éche o que hai, Iván
Profile picture

Get real-time email alerts when new unrolls are available from this author!

This content may be removed anytime!

Twitter may remove this content at anytime, convert it as a PDF, save and print for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video

1) Follow Thread Reader App on Twitter so you can easily mention us!

2) Go to a Twitter thread (series of Tweets by the same owner) and mention us with a keyword "unroll" @threadreaderapp unroll

You can practice here first or read more on our help page!

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just three indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member and get exclusive features!

Premium member ($3.00/month or $30.00/year)

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!