Profile picture
Éche o que hai, ex interino @echeoqhai
, 40 tweets, 13 min read Read on Twitter
Hai tempo que quero contarvos un conto... Mellor dito, 80.000 contos. Pero estou agardando a que me dean o ok. Podo? #BeaAsiendoCosas
O conto comezou cando hai uns meses, o presi do Club do Mar levou do ganchete a Bea a coñecer as instalacións e os seus proxectos futuros.
Bea amosouse encantada e decidiu levar ao seu despacho aos representantes do Club do Mar, onde lles prometeu estudar para atopar "vías de colaboración que encaixen nalgúns dos programas da Consellería"
E cales foron as vías de "colaboración que encaixan nalgúns dos programas da Consellería?". Bea levoulles os Bolechas á festa do Carme
Non transcenderon máis vías de colaboración porque xa sabedes que Bea decidiu centrarse (aínda máis!) na súa candidatura á alcaldía uns meses despois...
Ben, si que houbo "máis vías de colaboración": o mesmo día en que Bea levou aos Bolechas ao Club do Mar, o Día do Carme, Bea foi de procesión mariñeira convidada por quen vós pensades...
Para alén doutras actividades en que Bea foi a protagonista sen vir a conto...
O conto, aparentemente, acaba aquí. Pero non. Aquí comeza a pórse interesante...
O primeiro dos feitos interesantes é que Bea Mato aproveitou a visita dos Bolechas para presentar un libro... xunta.gal/notas-de-prens…
Un libro que xa fora presentado 4 meses antes.. E tamén na Coruña!
xunta.gal/hemeroteca/-/n…
Pero o interesante non é iso. Todos os gabinetes de prensa aproveitan notas de prensa, repiten actos... E Bea non ía ser menos
Unha das cousas curiosas deste conto é que o acto dos Bolechas no Club do Mar no Día do Carme foi o único que pagou a Consellaría do Medio Ambiente desde o 1 de marzo con esa finalidade: actividade infantil. Dos Bolechas ou de calquera outro tipo. Non houbo máis.
Vamos, para que Bea levase os Bolechas ao Club do Mar no Día do Carme e despois ir de procesión mariñeira, pagamos case 1000 euros
Pero ollo: non houbo campaña asociada, non houbo actos noutros concellos, noutras asociacións, nin noutros clubes deportivos.
Non houbo nada de nada.
Vendeuse como unha presentación duns libros que xa foran presentados 4 meses antes e tamén na Coruña.
E por iso pagamos...
Pero a cousa continúa.
Pasemos ao acto primeiro: Bea presentou en marzo, como diciamos, con toda a plana maior, os contos no cole San Francisco Xavier.
Aí temos a Bea falando a toda a cativada e os Bolechas agardando por entrar. O acto tivo lugar o 17 de marzo
Facédeme un favor: ide a páxina de Contratos de Galicia e buscádeme o contrato menor da actuación dos Bolechas no San Francisco Xabier
contratosdegalicia.gal/consultaOrgani…
Atopádelo? Eu, non
Pero tampouco é iso o máis importante. O máis importante é isto
80.000 contos dos Bolechas, un detrás do outro, son moitos contos. 20 km de contos! Pero tamén, un detrás do outro, son moitos euros. 500.000 a prezo de mercado (entre 6 e 7 euros por unidade) e uns 150.000 a prezo de encarga…
E iso señoras, señores, non é un contrato menor, ou dito doutro modo, "es cosa mayor"
Pois por máis que busco en contratosdegalicia.gal, non atopo ningún expediente relacionado coa Consellaría de Bea para a adquisición, guionización, compra, reparto, realización etc. de ningún libro dos Bolechas. E hai 80.000
Curioso, non?
Ben, por onde iamos?
Ah, si: que na páxina de Contratos de Galicia non aparece ningún procedemento deste tipo na Consellaría de Bea
Pero os libros editar, editáronse. Ai tedes a Bea repartíndoos e aquí tedes un exemplar...
Por tanto, se se editaron e se se repartiron, onde saen os euros para encargar 80.000?
Nin idea, pero hai unha cousa ben curiosa: que tal se na páxina contratosdegalicia.gal buscamos por Bolechas?
Pois pasa isto
En 2018, a Secretaría Xeral de Política Lingüística realizou dous procedementos cando menos rechamantes: un de 277.761,00 e outro de 193.600,00. 471.361 eurazos
Do último, non temos máis que o prezo, 277.761,00, e o concepto “Deseño, produción, xestión e contratación profesional e artística, así como a loxística, para a realización de espectáculos e actividades de dinamización lingüística protagonizados por "Os Bolechas" etc.
A día hoxe, non hai nin prego de condicións técnicas nin de cláusulas administrativas. Nada… Raro, raro
Do primeiro, en cambio, temos todo e, oes, haivos cousas paveras. Vexamos
O concepto é semellante: "Contratación profesional e artística, así como a loxística para a realización de espectáculos e actividades de dinamización lingüística protagonizados por Os Bolechas etc."
No seu interior, aparece dividido en dúas partes. Unha segunda serían as actuacións propias dos Bolechas que se materializarían no programa “Amigo Monte”, 21 actuacións na Rede de dinamización por xuño - xullo. Todo ben
Info, aquí lingua.gal/o-galego/promo…
Bueno, todo ben… Aí entra de todo: accións no parque das Illas Atlánticas, un video clip de Monoulius DOP para promocionar as mesmas Illas, etc etc.
Con todo, o máis curioso está aquí: 2.200 unidades de libros x 21 actividades (46200 libros)... Isto é, en cada unha das actividades que ía haber en xuño-xullo de "Amigo Monte" ían distribuír 2.200 unidades de libros...
A isto engado dúas cousas:
1 Que a actividade que se desenvolveu na Coruña estaba destinada a 300 persoas (nenas e familias), isto é, daría para 7 libros por cabeza, nais, pais, nenas e quen fose
2 Non hai constancia de que se repartise ningún libro
Casualidades...
Como se dá a casualidade que sobre esas 2.200 unidades de libros x 21 actividades (46200 libros) non aparecen descritas no documento de condicións técnicas necesario no procedemento…
Se botades un ollo ás condicións técnicas, aí descríbese todo: as actuacións, os pasacalles, de que vai o libro Chis-pum, de que vai a serie sobre as letras, a colección as primeiras letras…
De que ten que ir o videoclip MONOLIUS e de que van as actividades dinamizadoras no Parque das Illas Atlánticas, as características comúns… Pero do contido dos 2.200 libros x 21 espectáculos non se di absolutamente nada…
Estas prescricións técnicas molan ademais por outro motivo: dise que cada unha das actuacións están destinadas a 100 crianzas, 200 persoas como máximo...
Lembrade, na memoria dicíase 2200 libros x 21 espectáculos... Daría a 22 libros por crianza!!
Ah, e outra cousa destas prescricións técnicas... De regalar libros, nada. Sorteo
Lembremos: estou falando do procedemento de 193.600,00 con IVE. Info, aquí
contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=…
Queda outro procedemento, de 277.761,00 con IVE, do que só sabemos o que custa. Máis nada
contratosdegalicia.gal/licitacion?N=4…
Así son as cousas...
Missing some Tweet in this thread?
You can try to force a refresh.

Like this thread? Get email updates or save it to PDF!

Subscribe to Éche o que hai, ex interino
Profile picture

Get real-time email alerts when new unrolls are available from this author!

This content may be removed anytime!

Twitter may remove this content at anytime, convert it as a PDF, save and print for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video

1) Follow Thread Reader App on Twitter so you can easily mention us!

2) Go to a Twitter thread (series of Tweets by the same owner) and mention us with a keyword "unroll" @threadreaderapp unroll

You can practice here first or read more on our help page!

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just three indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member and get exclusive features!

Premium member ($30.00/year)

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!