Desculpade que hoxe non vos faga moito caso; estou cunha lea do quince.
Non son os aneis do destino, pero teñen o seu simbolismo. A ver se adiviñades?
Unha estrela e un planeta. Os planetas xiran ao redor das estrelas? En realidade planetas e estrelas xiran ao redor do seu centro de masas común.
Estes son a #EstrelaRosalíaDeCastro e o planeta #Ríosar, xa sabedes, os que conseguimos baptizar os galegos. ceosgalegos.com/2020/02/26/ros…
Jul 4, 2021 • 12 tweets • 3 min read
Resposta longa.
Vai de astroturismo, desenvolvemento local, confusión público-privado e derroche de cartos. Públicos, claro.
Desde hai unha década lévase pulando por crear en Trevinca un observatorio privado para aproveitar os seus excelentes ceos. Son as ventaxas do rural, a montaña mailo subdesenvolvemento económico.
A idea, un lugar para ubicar telescopios de afeccionados e xestión remota deles.
Apr 26, 2020 • 61 tweets • 20 min read
A emancipación de Andrómeda. Ou como pasamos dunha galaxia a un cosmos (case) infinito. 100 anos do #GrandeDebate. Fío con parte da historia ao longo deste serán. Acompáñasme? Moitas fotos. En @ceosgalegos tedes versión web: ceosgalegos.com/2020/04/25/de-…
Comezamos cunha de Hubble, non o señor, o trebello @HUBBLE_space. Míraa ben. Fíxate en calquera punto ou mancha. Que será? Seguro que unha galaxia. Hai 10 000. No ceo a imaxe ocupa só a unlla do dedo maimiño co brazo estricado. Se non vos encolle o corazón ao mellor non tedes.