María L Profile picture
Cheguei aquí coa intención de falar de tecnoloxía e educación, pero falo do que me peta.
Nov 22 8 tweets 3 min read
Chegoume hai unhas semanas este decálogo pola igualdade LGBTI en educación da Consellería de Política Social e Igualdade.
Hai moito que criticar alí, como xa se explicou milleiros de veces, pero hai unha páxina que me chama especialmente a atención. > 🧵 politicasocial.xunta.gal/sites/w_polso/…Image Están a dicirnos que temos que revisar o currículo ACADÉMICO en relación á natureza biolóxica do SEXO (é o que aparece na imaxe) para así “integrar ao colectivo LGBTI. Recomendan directamente a negación do sexo na educación. Image
Oct 31, 2020 76 tweets 21 min read
Hoxe erguinme inspirada, así que vai un fío moi loooooongo. Hai apenas un par de meses que empecei a decatarme do que está sucedendo arredor do pensamento queer e de como se está metendo na lexislación sen ningunha visibilización social, sen debate público, sen análise racional. Unha violenta “conversa” en twitter primeiro entre unha muller feminista e un home trans, na que despois entrou máis xente apoiando a unha e “outre”, chamou a miña atención. Que está sucedendo aquí? Por que estes insultos? Púxenme entón a buscar máis información.