Acábome de decatar dun detalle moi curioso nunha das edicións do primeiro mapa xeral do reino de Galicia, deseñado polo padre Oxea desde México.
A primeira edición foi impresa en Amberes en 1603 e formou parte do Theatrum Orbis Terrarum, de Abraham Ortelio. É esta marabilla. 👇
O mapa foi unha intelixente operación das elites nobiliares galegas, que normalizaron a presenza senlleira do reino de Galicia na principal referencia cartográfica mundial. Tedes que ler esta descrición da imaxe.
Iso si, esa primeira edición fallaba como unha escopeta de feira.
"Su temperamento, ni frío ni caliente"
"Mucho vino y del mejor que se halla en toda Europa".
O da seda é boísimo, e ten a súa chicha da que falarei outro día.
Pero imos ao noso.
En 1635 no Atlas de Blaeu temos esta bonita edición, xa moito máis precisa en todo, e con detalles moi interesantes que veremos outro día. Pero quero que vos fixedes nunha cousa.
Galicia está delimitada en amarelo. O reino de León en verde. Portugal en rosa.
Vedes algo raro?
Velaquí a fronteira de Galicia con León. Aí está a Pobra de Seabra, Ponferrada, Vilafranca no límite... Como vedes, a densidade de parroquias na parte galega é moitísimo máis abundante que na leonesa. Lóxico, non? Este é un mapa do reino de Galicia!
Pero agora mirade ao sur. E fixádevos na densidade de freguesías portuguesas. A granularidade é case a mesma que en Galicia.
Os elaboradores desta edición quérennos dicir de maneira moi clara que a relación de Galicia con Portugal, é moi distinta que con Asturias e León.
A que se debe isto?
Non o sei.
A data pode ser importante.
1635.
Faltan 5 anos para que estoupe a Guerra da Restauración, que culminará coa independencia de Portugal da monarquía hispánica.
Para a Galicia da época, un conflito ben incómodo.
Un día tocará falar dela.
Cando digo que a edición fallaba, non era pola descrición textual, senón polos fallos cartográficos, eh?
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.